Convocatorias abertas de programas europeos de I+D+I
Os programas europeos de I+D+i, como Horizon2020, ofrecen unha oportunidade única para impulsar proxectos de cooperación interterritorial entre rexións como Galicia e o Norte de Portugal. De feito, a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal conta coa primeira Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza de Europa, a RIS3T, na que se identifican as áreas prioritarias de investimento en I+D+i para o periodo 2015-2020.
Con este obxectivo, elaborase unha guía de todos os programas europeos de apoio á I+D+i vixentes, clasificados segundo as seis áreas estratéxicas de especialización intelixente da Estratexia Transfronteiriza RIS3T. Esta guía inclúe máis dun cento de convocatorias abertas e as datas de peche van dende este próximo agosto ata o ano que vén.