A Xunta de Goberno local aprobou hoxe o expediente de contratación do "Servizo para a execución de diversas operacións de desbroza, limpeza e mantemento de marxes e drenaxes de viarios, carreiros fluviais e parcelas municipais do termo municipal de Santiago de Compostela (2023-2025)" que sae a licitación por 790.000 euros repartidos nas seguintes anualidades: 200.800 en 2023, 395.000 en 2024 e 194.200 euros en 2025. O actual contrato, finaliza a finais de xullo deste ano.
O Goberno Municipal aprobou hoxe o expediente de licitación do contrato mixto de servizos e subministración do "Sistema de xestión integral da base de datos Oracle do Concello de Santiago de Compostela", que sae a licitación por 154.215,37 euros, IVE engadido. Este sistema integrará todas as bases de datos, actualmente dispersas, co obxecto de ter un maior control da información, así como incrementar significativamente a seguridade da mesma
O alcalde e o concelleiro de Obras percorreron parte do itinerario que transcorre desde San Marcos ata Sar, pasando por Amio, San Lázaro e Aríns. A senda alcanza preto de 12 quilómetros, uníndose ao tramo previamente existente de Sar, Pontepedriña e Conxo. Todo o itinerario e elementos a destacar da ruta están recollidos na web parquefluvialdesantiago.org
A iniciativa posta en marcha polo Concello de Santiago para fomentar a reciclaxe de envases e promover unha economía verde e circular, xa conta na cidade de Santiago con 5.250 usuarios. A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, quixo agradecer tanto á cidadanía como ás asociación participantes na campaña "o seu compromiso co medio ambiente e a súa solidaridade".
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, rodeado de Aurelio Aguirre, Luis Rodríguez Seoane e Fandiño, interpretados polos Quinquilláns, e de Cecilia Carballido, coordinadora do evento, presentou esta mañá o amplo de programa de actividades da cuarta edición da Festa do Banquete de Conxo, en cuxa organización está a traballar diferentes departamentos do Concello de Santiago en colaboración coa veciñanza. O día grande das festas será o domingo 14 de maio, cunha romaría popular aberta a todo o mundo na que se farán diversas recreacións teatrais do Banquete de Conxo e que estará amenizada por distintas actuacións musicais. Nos próximos días darase a coñecer o programa definitivo e como participar nas diferentes propostas.
O novo contrato que renovará toda a flota de autobuses continúa agora coa tramitación da licitación.
As propostas, que se desenvolverán entre os meses de abril e novembro, están dirixidas á poboación de entre 14 e 35 anos residentes no municipio. Cociña ecolóxica, videoarte, serigrafía, xornalismo, arte performativo, obradoiros de formación para bandas ou herboloxía son algunhas das iniciativas previstas.
Un centenar de representantes públicos de diferentes concellos de España congregáronse na segunda xornada do IV COEP Congress en Valencia, co obxectivo de compartir estratexias e ferramentas innovadoras para lograr a implicación da cidadanía no deseño e creación das políticas públicas. A concelleira de Centro Socioculturais, Mercedes Rosón, representou a Santiago na primeira xornada do evento.
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns, día 27 de marzo, a contratación da creación dun novo portal web, dunha APP municipal e da Intranet municipal todos eles vinculados a un novo sistema de información baseado na tecnoloxía emerxente Web 4.0. Este servizo sae a licitación por 299.916,88 euros.
O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta en rolda de prensa do inicio dos encontros participativos do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), que arrancaron onte no centro sociocultural de Santa Marta, con "éxito de participación".