• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O 6º Encontro Emprendedor xirará arredor da economía urbana

Pasado o ecuador do ciclo, o Encontro Emprendedor de xullo centrarase no eixo da Economía Urbana. Así, porase o foco nas conexións que existen entre iniciativas emprendedoras recoñecidas na cidade, que destacan pola súa capacidade de cooperación e reforzo ao sector primario compostelán, en concreto, as iniciativas gastronómicas e de restauración vinculadas ao produto de proximidade na Praza de Abastos.

Claves do turismo gastronómico

Necesítase traballo para posicionar o turismo gastronómico como unha das liñas estratéxicas dos destinos. Todos os destinos teñen potencial “gastronómico”, pero é importante crear experiencias completas ao redor da gastronomía local. O turismo gastronómico debe combinarse con elemento de identidade locais como a paisaxe, a cultura e a historia.