Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o apoio ao desenvolvemento de Festivais audiovisuais,musicais e de artes escénicas na provincia da Coruña ano 2021
Para os efectos deste programa, entenderanse por festivais aqueles eventos culturais con identificación e marca propia e recoñecible, programación diversa que aglutine diferentes propostas artísticas, organizado periodicamente, con data de celebración consolidada e orientada á consecución de públicos amplos ao redor dunha proposta de contidos coherente e definida. Esta liña de subvencións diríxese a apoiar economicamente este tipo de eventos, e non as programacións culturais municipais ou aquelas actividades culturais que se dan no marco de eventos gastronómicos, turísticos ou festivos.