• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da O.de 22/06/2021 establecen bases convocatoria axudas sector editorial galego para gastos de edición,distribución e comercialización das publicacións editoriais 2021

DOG Nº 124 do 01/07/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

 Bases reguladoras

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes, de execución dos proxectos e de presentación da solicitude de cobramento das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresa

Amplíase ata o 17 de xullo de 2020 o prazo de presentación de solicitudes previsto no punto terceiro da Resolución do 9 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Axudas á cooperación dixital interempresarial

Estes espazos de encontro terán necesariamente carácter presencial, aínda que poderá continuarse o contacto entre os membros do grupo e organizarse outros eventos en entornos virtuais.  Deberá ter lugar, cando menos, unha reunión mensual presencial das empresas. Esta reunión terá que documentarse en vídeo ou por escrito acompañada de fotografías. En cada espazo de encontro deberán participar persoas dun mínimo de 6 empresas distintas.

Prestación extraordinaria por cese de actividade para autónomos afectados pola crise do COVID-19

Beneficiarios: Traballadores por conta propia ou autónomos, cuxas actividades queden suspendidas, en virtude do previsto no Real Decreto 463/2020, ou, noutro caso, cando a súa facturación no mes anterior ao que se solicita a prestación véxase reducida, polo menos, nun 75 por cento en relación coa media de facturación do semestre anterior, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

Manifestación interese de acceder a unha liña de axudas aos investimentos para a fabricación de produtos relacionados co COVID-19

Con carácter previo á adopción da decisión de convocatoria das axudas ábrese un prazo de catro días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que as pemes que así o desexen poidan comunicar ao Igape propostas de proxectos que poderían levar a cabo e suxestións sobre o marco de axudas que empregarán.

Axudas á valorización e á segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract

Poderán ser subvencionables os proxectos de investimento realizados polas pequenas e medianas empresas descritas no artigo 2 desta resolución nos seus procesos de produción e que teñan como obxectivo aumentar a súa produtividade ou a implantación de técnicas que permitan obter novos produtos ou produtos valorizados ou procesos que favorezan a minoración do impacto ambiental.