• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Venecia: parque turístico ou cidade?

Esas regulacións buscan, sobre todo, estimular a chegada de persoas viaxeiras que se aloxen na cidade, e que non pasen só polo día, como o caso das persoas cruceiristas. Por exemplo, os cruceiros xa non pasan pola fronte histórica da cidade e atracan máis lonxe. Certas zonas de Venecia ademais son pechadas ao turismo en determinados momentos do ano para non interferir coa actividade da poboación residente local. Pero para este ano espéranse máis cambios e un é bastante radical como medida: cobrar unha taxa ás persoas que só pasen pola cidade polo día.

A economía circular aplicada ao sector da mobilidade

Na guía que se enlaza (en idioma catalán) atopánse casos que van desde o uso de vehículos compartidos ata a substitución dos de combustión por eléctricos; así como experiencias de optimización da loxística ou de reutilización de compoñentes.

Casos varios realizados por empresas de todo tipo, grandes e pequenas, que xa aplican os principios da economía circular para obter réditos ambientais, sociais e económicos e que poden servir como inspiración para aplicación na nosa contorna.

Actualización de enquisa sobre as expectativas dos consumidores durante a crise

A enquisa realizada entre os días 21 e 22 de Marzo, complétase con outras aproximadamente 1.000 entrevistas telefónicas realizadas durante os días 28 e 29 de Marzo.

Comparando ambos períodos, o optimismo dos españois reducese lixeiramente.

O estudo alcanza, tamén, outros interesantes campos, como as expectativas de consumo en diferentes liñas durante as próximas dúas semanas.

Os custos da enerxía solar diminuirán á metade para o 2020

O informe tamén destaca que os custos da enerxía solar fotovoltaica reduciranse á metade en 2020. Dentro dos próximos dous anos, os mellores proxectos de enerxía eólica terrestre e de solar fotovoltaica poderían producir electricidade a 0,03 $ por quilowatio-hora (kWh) ou menos dentro dos próximos dous anos. O rango de custos actual para a xeración de enerxía con combustibles fósiles oscila entre 0,05-0,17$ por kWh.

Galicia lidera o ranking mundial de lugares con máis superficie forestal desaproveitada

Por tanto, a pesar de que o debate forestal céntrase en Galicia sobre a conveniencia ou non dunha determinada especie, como sucedeu co eucalipto, o certo é que o gran reto estrutural é outro: ordenar o monte, gañar dimensión e darlle viabilidade, de forma que poida impulsarse o desenvolvemento rural e fíxese poboación.

Os novos perfís profesionais que demandan as empresas turísticas

Necesítanse novos profesionais relacionados con venda en liña, márketing dixital, captación de tráfico para atraer clientes, analistas en "big data" e "small data".... Isto é debido a que cada vez temos máis información pero as empresas non saben ben que facer con ela. Estes perfís son moi valorados.

O Concello destina un millón de euros á reactivación do pequeno comercio de Compostela

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou estes tres programas e enmarcounos no conxunto de medidas destinadas ao comercio, "unha das cinco patas do Plan de Reactivación Económica". Lembrou que as outras catro "patas" son o emprego, coa posta en marcha da formación online, que está sendo "un éxito total; os/as autónomos/as e as pequenas empresas, para as que "agardamos aprobar a primeira convocatoria a semana que vén"; o turismo, cuxo plan foi presentado onte; e a cultura, con medidas que "presentaremos a finais da semana que vén ou principios da seguinte".

Etiquetas