• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Novas oportunidades na economía conectada

Os patinetes teñen un valor determinado en función do seu estado de carga, e a tarefa de localizalos e facerse con eles foi comparada xa por algúns ás dinámicas de Pokemon Go: unha persoa pode, en función do número de patinetes que consiga localizar e cargar, pode gañar nunha noite algúns centos de dólares, a cambio dunha cantidade de electricidade bastante escasa e, sobre todo, do traballo necesario para recollelos e devolvelos.

O pleno aproba o destino dos remanentes, a modificación de crédito para o Plan de Sostibilidade Turística e o inicio da modificación do PXOM para regular as vivendas turísticas

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, destacou que Compostela é o segundo concello de Galicia, despois de Vigo, que aproba o expediente para a utilización do remanente. O rexedor desculpouse pola celeridade na tramitación, pero indicou, "creo que os nosos veciños o necesitan, e creo que vostedes o cren tamén". A proposta saiu adiante cos votos a favor do grupos socialista e popular e coa abstención de Compostela Aberta e BNG.

Publicación listaxe requerimentos Axudas Turismo 2021

Hoxe, día 8 de xuño de 2021, publícase a Resolución do Concelleiro de Turismo Relativa á Publicación de Listaxes de Solicitudes Recibidas e Requerimentos de Subsanación da “CONVOCATORIA  DE  AXUDAS  PARA  O  RESCATE  DA  RESTAURACIÓN, HOSPEDAXE E TURISMO DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA AFECTADO POLA CRISE DA COVID-19. ANUALIDADE 2021”.

Tecnoloxías innovadoras no sector enerxético

Isto creará unha nova situación con grandes retos debido ás dificultades que se poden presentar a nivel enerxético e de como xestionar estes sistemas de maneira eficiente. Trátase dunha gran oportunidade para crear e facer crecer unha gran cantidade de tecnoloxías asociadas a incorporación de intelixencia integrada aos sistemas enerxéticos.

A madeira é fundamental para unha construción diferenciada

A madeira ofrece múltiples vantaxes como material construtivo. É un material lixeiro, que se pode mecanizar e manipular con facilidade, sen necesidade de grandes guindastres. A maioría dos elementos de madeira nunha obra pódense manexar a man. Bo illante en si mesma, retarda como ningún a acción do lume e tras a súa vida de servizo nun edificio é reciclable.

As empresas deben incorporar a innovación social dentro dos seus obxectivos

A realidade aínda dista moito dos plantexamentos expostos no artigo, mais trátase dun sinal adicional que indica a direción na que o mundo corporativo comeza a pensar acerca da sostibilidade e dos desafíos sociais. Sen dúbida, unha boa noticia.

Mobilidade compartida: é hora de que as cidades tomen a iniciativa

Cando Uber pasou de ser un "condutor privado para todo o mundo" a ser un modo de transporte masivo prometeu un futuro sustentable. Necesitariamos menos espazo de estacionamento e viviriamos mellor, en tanto que os automóbiles privados irían desaparecendo, substituídos por un transporte tan de fiar como a auga corrente. E axudarían ás cidades para ser máis eficientes compartindo os seus datos sobre os fluxos de tráfico, o que permitiría optimizar o uso das nosas estradas.