• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

I FORO DA MOBILIDADE

Dentro do Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Santiago de Compostela, vaise a realizar o I Foro de Mobilidade o xoves, día16 de marzo ás 18h no Centro Sociocultural de Santa Marta, na Sala Agustín Magán.

Os interesados en asistir podrán inscribirse a través do teléfono: 604025160 ou enviado un correo electrónico á seguinte dirección: pmus.santiagodecompostela@gmail.com

 

O Concello de Santiago homenaxea nove mulleres e colectivos da nosa cidade polo seu labor a prol da igualdade

Organizado pola Concellería de Igualdade, o evento "Mulleres en Compostela" pretende recoñecer de forma pública a traxectoria profesional e vital dunha serie de mulleres vinculadas a Santiago, e que día a día contribúen a construír unha cidade máis igualitaria, máis social e máis humana.

O Concello comeza a despregar un Centro de Operacions de Seguridade que se integrará na Rede nacional de SOCs

Esta Rede Nacional de SOCs integra e coordina a cooperación e o intercambio de información entre estos centros a nivel nacional, xa que permite, segundo explicou a concelleira de Economía, Facenda, Contratación, Persoal e Modernización da Administración Local, unha "análise en tempo real da actividade da rede e a capacidade de resposta automática entre comportamentos extraños ou tráficos atípicos"; así como "unha mitigación dos riscos e unha retroalimentación ao contar con toda a base de datos, coñecemento e solucións da Rede Nacional de SOCs".

Boa acollida á primeira xornada dos Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 de Santiago

O primeiro encontro, centrado na temática Territorio, paisaxe e biodiversidade, tomou como exemplo a experiencia de 7H Cooperativa Cultural, representada por Clara Cordeiro. Os seus proxectos xiran en torno á dinamización territorial a través da arte, poñendo ofoco na importancia do cumunitario, no apego ao territorio e nos procesos. Para ilustrar as iniciativas desenvoltas por esta cooperativa, Clara Cordeiro explicou diferentes proxectos levados a cabo como o de Mutacións urbanas, Elas tamén pintan ou Utópicas: arte e territorio.

Comezan as obras de conservación e mellora de eficiencia enerxética da fachada leste do Pazo de Raxoi

O Consorcio de Santiago iniciou nos últimos días as obras de conservación e mellora da eficiencia enerxética da fachada leste do Pazo de Raxoi, un proxecto que buscará mellorar as condicións de habitabilidade do edificio que acolle o Concello, a Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega. Farase a través da renovación de carpinterías e saneado da fachada que dá á praza do Obradoiro.

O Concello contará cunha xestión contable 100% electrónica

A Xunta de Goberno Local deu luz verde esta semana á adxudicación dun contrato á empresa AYTOS SOLUCIONES INFORMÁTICAS SL por un importe total de 129.808,80 € para a subministración e implantación dunha solución web integrada para a xestión de facturas e a aplicación de xestión contable do Concello de Santiago, que serán ubicadas nun único servidor.

Arrancan os Encontros Emprendedores no marco da Axenda Urbana 2030

Esta iniciativa ofrecerá un total de 10 encontros -un por mes- na sé da do Mercado Galego da Creatividade (na rúa Calderería). Clara Cordeiro, integrante de 7H Cooperativa Cultural, será a protagonista desta primeira xornada, na que partillará coas persoas asistentes a experiencia derivada dos proxectos desenvoltos arredor da dinamización rural e urbana a través da arte e do diálogo comunitario.

O alcalde de Santiago recibe a nova presidenta da Cámara de Comercio, María Pais

Nesta primeira toma de contacto entre a recén nomeada María Pais e o rexedor, fíxose un repaso por algúns dos temas prioritarios para reforzar o tecido empresarial da cidade. Durante o encontro, o alcalde reiterou o seu compromiso para acadar unha simplificación administrativa na xestión de licenzas e outros trámites e para seguir avanzando na mellora de infraestruturas estratéxicas como o Orbitaliño ou a Estación Intermodal e dos servizos públicos como a xestión da auga ou o transporte público.