O Consorcio de Santiago executará as obras do Centro Loxístico de Provisión e Distribución de Mercadorías do Casco Histórico por un importe de 4,5 millóns de euros
O Consorcio de Santiago celebrou este venres a súa Comisión Executiva e o seu Consello de Administración. As dúas xuntanzas estiveron presididas polo alcalde da cidade e presidente do Consorcio, Xosé Sánchez Bugallo. Contou tamén cos representantes das tres administracións que conforman a entidade: Administración Xeral do Estado, Xunta de Galicia e Concello.