• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Activa Social ETT, S.L.

DATA DE CONSTITUCIÓN: 20/02/2009
 
NÚMERO DE TRABALLADORES: 40 
 
VALORES: Activa Social, Empresa de Traballo Temporal, S.L. facilita a contratación temporal para as empresas de Galicia que buscan integrar persoas con discapacidade nos seus cadros de persoal. 
 
ASOCIACIÓN: CEGASAL

Aprolact S. Coop. Galega

DATA DE CONSTITUCIÓN: 11/02/2013

NÚMERO DE SOCIAS/OS: 6

NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: Ningún

VALORES: No marco do RD 1363/2012, do 2 de outubro, créase o chamado “paquete lácteo”, centrado na negociación e comercialización conxunta do leite de vaca dos socios das cooperativas. Os valores deste proxecto son, polo tanto, mellorar o equilibrio da cadea de valor no sector lácteo, reforzando a posición negociadora dos produtores, e aumentar a transparencia do sector.

Combina Social

DATA DE CONSTITUCIÓN: 20/02/2009
 
NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: 170
 
VALORES: Contribuír á integración social e laboral de persoas con discapacidade e colaborar con COGAMI en dar continuidade ás actividades que se veñen desenvolvendo para conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade. 
 
ASOCIACIÓN: CEGASAL

Coregal

DATA DE CONSTITUCIÓN: 30/08/1994
 
NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: 156 
 
VALORES: Coregal é unha empresa dedicada á xestión integra de residuos para acadar a máxima redución, reutilización, reciclaxe e valorización dos residuos non perigosos, reincorporando ao ciclo de consumo o máximo de materiais e minimizando o seu depósito en vertedoiros. COREGAL forma parte do grupo de empresas de economía social de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade). 
 
CENTROS: 

 

Culturactiva SCG

DATA DE CONSTITUCIÓN: 31/03/2005 
 
NÚMERO DE SOCIAS/OS:

NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: 7

VALORES: O obxectivo de Culturactiva é pór as persoas no centro de todas as actividades, entender a cultura como ferramenta de desenvolvemento humano, social e económico, transformación e reequilibrio territorial e social. Desde o 2001 Culturactiva defende o riso como linguaxe universal entre os pobose a solidariedade a través do humor.