• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello contará cunha xestión contable 100% electrónica

A Xunta de Goberno Local deu luz verde esta semana á adxudicación dun contrato á empresa AYTOS SOLUCIONES INFORMÁTICAS SL por un importe total de 129.808,80 € para a subministración e implantación dunha solución web integrada para a xestión de facturas e a aplicación de xestión contable do Concello de Santiago, que serán ubicadas nun único servidor.

Arrancan os Encontros Emprendedores no marco da Axenda Urbana 2030

Esta iniciativa ofrecerá un total de 10 encontros -un por mes- na sé da do Mercado Galego da Creatividade (na rúa Calderería). Clara Cordeiro, integrante de 7H Cooperativa Cultural, será a protagonista desta primeira xornada, na que partillará coas persoas asistentes a experiencia derivada dos proxectos desenvoltos arredor da dinamización rural e urbana a través da arte e do diálogo comunitario.

O alcalde de Santiago recibe a nova presidenta da Cámara de Comercio, María Pais

Nesta primeira toma de contacto entre a recén nomeada María Pais e o rexedor, fíxose un repaso por algúns dos temas prioritarios para reforzar o tecido empresarial da cidade. Durante o encontro, o alcalde reiterou o seu compromiso para acadar unha simplificación administrativa na xestión de licenzas e outros trámites e para seguir avanzando na mellora de infraestruturas estratéxicas como o Orbitaliño ou a Estación Intermodal e dos servizos públicos como a xestión da auga ou o transporte público.

SUBVENCIONS PARA O FOMENTO DA SUSTENTABILIDADE NO DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE INDUSTRIAL DO SECTOR DOS RECURSOS NATURAIS DE GALICIA

Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación para fomentar e incentivar a sustentabilidade, nas súas dimensións económica, social e ambiental, no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais en Galicia, así como a súa convocatoria para o ano 2023, a través de cinco liñas de actuación.

CURSO AXENDA URBANA 2030

Trátase dunha acción de auto formación de 40 horas, na que atoparedes material para desenvolver as vosas competencias profesionais e profundar nos asuntos que máis vos interesen. Auto formación non quere dicir que deixemos en moodle unha serie de documentos para que vos traballedes pola vosa conta en absoluta soidade. O curso estará teorizado e contaredes con apoio externo para abordar as lecturas, os traballos persoais propostos e mesmo os procesos de auto avaliación.

AXUDAS AOS INVESTIMENTOS EN TECNOLOXIAS FORESTAIS,

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais (código de procedemento IN500A) e realizar a súa convocatoria para o ano 2023 en réxime de concorrencia competitiva.

Poderán ser subvencionables exclusivamente os seguintes investimentos elixibles:

Liña 1. Xestión forestal activa.

Últimos días para solicitar as axudas á rehabilitación de vivendas do programa 'Ter é Manter'

Esta convocatoria, que ten un 50% máis de orzamento que a realizada en 2022, foi aprobada na xuntanza do Consello de Administración do Consorcio do pasado 16 de decembro, sendo o cuarto incremento consecutivo destas axudas para un programa que se vén realizando anualmente nos últimos sete anos tras as primeiras convocatorias de 2006, 2009, 2012 e 2013.

Ter é Manter

O programa beneficia tanto a propietarios, a arrendatarios ou a titulares dalgún dereito de uso sobre o inmoble así como comunidades de propietarios.

O Pleno aproba de forma definitiva a modificación do PXOM sobre a regulación de usos

O Pleno do Concello deu luz verde á aprobación definitiva da modificación puntual do título III do PXOM de regulación de usos, entre eles, as vivendas de uso turístico ou VUT. A proposta contou co respaldo do Grupo Municipal Socialista e de Compostela Aberta, O BNG e o concelleiro non adscrito abstivéronse; e o Grupo Popular votou en contra.

Luz verde no pleno deste mes da Deputación ao primeiro tramo compostelán da Vía Verde, que sairá a licitación por 800.000 euros

No acto salientouse que en breve sairá a licitación a obra do primeiro tramo da Vía Verde ao seu paso polo concello de Santiago. A Deputación da Coruña levará a cabo as actuacións de contratación, execución e dirección das devanditas obras, que contan cun orzamento para ese primeiro tramo de preto de 800.000 euros; 500.000 euros achegados polo ente provincial, e 300.000, polo Concello.