• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello de Santiago participa no IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía en Valencia

Durante a segunda xornada do COEP Congress, falouse de como a dixitalización nos pode axudar a alcanzar sociedades máis abertas e conectadas nunha mesa redonda formada por Helen Darbishire, directora executiva de Access Info Europe; quen comentou que "desde a sociedade civil esíxese un dereito fundamental como é o dereito á información e, a pesar de ter xurisprudencia, non temos unha Lei Orgánica en España".

O Goberno municipal dá luz verde á contratación do proxecto dun novo portal web, da APP e da intranet municipais

Preténdese segundo sinalou a concelleira de Economía, Facenda, Contratación, Persoal e Modernización da Administración Local, Marta Abal, contar con tres aplicativos distintos pero baseados no mesmo sistema de información que posibiliten achegar a administración electrónica e os servizos de Concello de Santiago á cidadanía, facilitándolles toda a información e recursos que precisen para a súa relación co propio Concello e para o desenvolvemento da súa vida diaria.

O alcalde salienta a importancia do PMUS na definición da mobilidade do Santiago do futuro

A elaboración do PMUS "é un proceso moi complexo, pero que debe supor unha transformación e unha mellora moi substancial na calidade de vida da cidadanía", salientou o rexedor compostelán que engadiu que "será unha peza fundamental do modelo de cidade da próxima década".

SUBVENCIONS A FESTIVAIS DE MUSICA E DE ARTES ESCENICAS

Esta resolución, en desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), ten por obxecto fixar as bases reguladoras das subvencións, en concorrencia competitiva, a festivais de música e de artes escénicas de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e aprobar a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT213A).

BOLSAS DE FORMACION PRACTICA NAS OFICINAS DE INFORMACION TURISTICA

Esta resolución ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria de catorce (14) bolsas de formación práctica, en réxime de concorrencia competitiva, nas oficinas de información turística dependentes da Axencia de Turismo de Galicia para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas en oficinas de información turística dependentes da Axencia de Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma: 2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de C

A Raíña Letizia preside o acto oficial polo Día Mundial das Enfermedades Raras que se celebra por primeira vez en Santiago

O evento conforma o broche de ouro da campaña ‘Haz que el tiempo vaya a nuestro favor’ da Federación Española de Enfermedades Raras (FEDER) e contou coa presenza de Dona Letizia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, así como representantes institucionais a nivel estatal como Carolina Darias, ministra de Sanidade, e a nivel autonómico como Alfonso Rueda Valenzuela, presidente da Xunta de Galicia.

O Concello impulsa o proceso de escoita cidadá na elaboración do PMUS coa celebración do I Foro de Mobilidade

O Concello de Santiago abre o proceso de consulta pública para a revisión do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) cun primeiro encontro participativo. Co horizonte de contar con ese documento de análise que recolla as necesidades de mobilidade de toda a cidadanía a finais deste mesmo ano, o alcalde destacou a importancia de contar con esta información para definir o "futuro da mobilidade da nosa cidade".

Continúa o ciclo de Encontros Emprendedores abordando o modelo de cidade

Neste encontro emprendedor debatiranse os retos que aborda Compostela cara ao futuro, poñendo o foco na participación cidadá na definición do modelo de cidade. Nesta ocasión, participarán no encontro Mercedes Vázquez Bartomeu, historiadora e veciña do barrio de San Pedro, e Luciano González Alfaya, arquitecto e planificador de estratexias territoriais para a transformación urbana sostible. As persoas asistentes ao encontro poderán compartir reflexións e ideas que enmarquen os elementos tractores do modelo de cidade.