• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alcalde participará o xoves nun webminar informativo sobre o Plan Marco de Reactivación Económica

No webminar, no que tamén participará a técnica municipal de Comercio Lucía Castro, analizaranse as líñas de axudas para a reactivación económica do comercio, autónomos e micropemes de Santiago de Compostela tras a situación provocada pola crise do COVID-19 correspondentes á anualidade 2020, os seus importes e prazos e os obxectivos específicos de cada unha das liñas da convocatoria.

O Concello emite unha instrución de aplicación da fase II ao sector de restauración e hostalería

No caso das terrazas, aclárase o procedemento que debe seguir a hostalería para beneficiarse da posibilidade de que o Concello conceda permiso para incrementar a superficie destinada á terraza ao aire libre , incrementando o número de mesas, respectando en todo caso a proporción do 50% entre mesas e superficie dispoñible e levando a cabo un incremento proporcional do espazo peonil no mesmo tramo da vía en que se ubique a terraza.

O Goberno municipal aproba plans de desescalada nos ambitos sociocultural, turístico, deportivo e de mercados

"Probablemente o luns haxa que matizar algúns dos acordos a día de hoxe, pero non podiamos esperar máis tempo", explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, a este respecto. Igualmente, engadiu, quedan pendentes ámbitos como o educativo, á espera das resolucións autonómicas na materia. O alcalde si dou por suposto o paso de Galicia á fase 2 da desescalada.

Aberto ata o 17 de xuño o prazo de presentación de solicitudes de axudas aos tipos de xuro por parte de autónomos e empresas de ata 10 traballadores/as

Estas axudas teñen como obxectivo, xunto co resto de accións incluídas no Plan Marco de Reactivación Económica do Concello de Santiago, minimizar o impacto da crise económica derivada da COVID-19, achegar recursos para atender as necesidades de liquidez das microempresas. facilitar a súa recuperación económica e contribuír ao mantemento da actividade económica e á protección do emprego

O Concello oferta 4.000 novas prazas de formación, a maioría a través de mobile learning, nunha aposta pioneira pola aprendizaxe a través de dispositivos móbiles

As distintas accións formativas, centradas nas tendencias profesionais máis demandadas do mercado laboral, divídense en tres grandes bloques de especialización e aprendizaxe: "Idiomas, comunicarse nunha cidade cosmopolita", "Habilidades e actitudes. Medrar e liderar o cambio dixital e persoal" e "Competencias profesionais, é momento de reinventarse". Durante a comparecencia, o alcalde destacou "a aposta sen precedentes por potenciar o talento e a recalificación profesional online para combater as secuelas da COVID-19, despois do éxito da anterior convocatoria formativa".

Campaña de apoio ao sector comercial

O lanzamento coincide co inicio da fase 1 do Plan para a Transición a unha Nova Normalidade na totalidade do territorio de once Comunidades Autónomas, de maneira parcial noutras cinco, e nas Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

A campaña, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, pon en valor atributos do comercio como a proximidade, a confianza e a calidade, e resalta as medidas de seguridade que o sector adoptou para garantir aos seus clientes unha compra con todas as medidas de seguridade.

Aprobado o programa de axuda a autónomos e pequenas empresas para o pago de xuros

Tras aprobar a semana pasada un programa semellante para o pequeno comercio, esta liña, tal como indicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, está máis dirixida "ao conxunto do tecido empresarial, incluída a hostalería", e en particular "a microempresas e autónomos". A dotación inicial desta acción é de 100.000 euros, ampliables ata os 400.000. En calquera caso, o rexedor indicou que "se a demanda excedera da oferta, abrirase unha segunda convocatoria". A previsión é que esta primeira convocatoria se publique no BOP a vindeira semana.