• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Condicións de adhesión das empresas turísticas ao programa Bono Turístico #QuedamosenGalicia

Poderán solicitar a súa adhesión aquelas empresas, empresarios ou agrupacións empresariais que dispoñan de aloxamentos, excepto as vivendas de uso turístico, e tamén as axencias de viaxe que, con independencia do lugar en que radique a súa sede social, desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado a Galicia e presten os servizos, actividades ou produtos vinculados a este programa na Comunidade Autónoma de Galicia.

Axudas ás persoas traballadoras e ás empresas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego

Poden ser beneficiarias empresas e persoas traballadoras afectadas por expedientes de regulación de emprego, que cumpran os requisitos que, para ambas, establece o artigo 3 das bases reguladoras.

A contía da axuda para persoas traballadoras será entre 12 e 15 euros por xornada completa efectiva de suspensión/redución de contratos, segundo o tramo de base de cotización por continxencias comúns a que pertenza a persoa traballadora.

No caso das axudas ás empresas afectadas polos ERTE para compensar os custos do plan de formación a axuda establécese entre 7,50 e 9 euros/hora.

Aceleradora especializada na comercialización de solucións innovadoras fronte ao coronavirus Connect-19

oderán participar ata 20 pemes, que recibirán asesoramento individualizado, capacitación comercial e técnica e potenciarán a súa capacidade de captación de financiamento, seguindo unha folla de ruta personalizada enfocada ao fortalecemento do seu acceso ao mercado. Entre outros aspectos, as pemes participantes recibirán apoio para obter acreditacións de innovación e certificacións referentes ás normas e directivas sanitarias, así como para avanzar na súa comercialización e internacionalización, identificando novos mercados potenciais, e para a captación de socios investidores.

Real Decreto-lei 24/2020, do 26 de xuño, de medidas sociais de reactivación do emprego e protección do traballo autónomo e de competitividade do sector industrial.

Os textos que figuran a continuación son resumos non vinculantes da normativa publicada. Para aplicalos, debe consultarse a normativa completa, enlazada na esquerda da pantalla.

Artigo 1. Expedientes de regulación temporal de emprego baseados nas causas recollidas no artigo 22 da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19. 

Modificación axudas para a redución do impacto Brexit nas empresas galegas con interese no mercado do Reino Unido

O gasto máximo subvencionable dos servizos solicitados de acordo co artigo 5 será o seguinte:

a) Pemes: 25.000 €.

b) Grandes empresas: 40.000 €.

De se superaren estes gastos máximos, axustarase o gasto subvencionable a estes límites máximos.

Admitirase unha única solicitude por empresa.

Mulleres protagonistas

Mulleres protagonistas é unha iniciativa da Xunta que, de xeito periódico, reúne a mulleres de distintos sectores co obxectivo de establecer un diálogo aberto entre a Administración e este colectivo para escoitar as súas propostas, explicar as medidas activadas neste eido e, deste xeito, realizar unha posta en común sobre os retos e dificultades que afrontan no seu día a día.