• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

OBRADOIRO DE CREACIÓN DE NEWSLETTER

Esta acción formativa está dirixida preferentemente a praceiras e praceiros que teñan o seu negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela e precisen formación para dinamizar as ventase levar a cabo apertura de mercado a través de campañas segmentadas na rede.
Traballarase principalmente tanto de cara a fidelización como de cara a ampliación de clientes.

O obradoiro realizarase na Aula de Formación da Praza de Abastos o 24 de xaneiro de 17 a 21 horas.

 Obxetivo e contido:

  •  Adquirir capacidades para planificar, deseñar un e-mailing profesional, maquetación e realización de envío sin que sexa considerado spam. 

  •  Capacidade de análise de estadísticas sobre aperturas, interacción e baixas.

 Traballarase:

 -       O mail marketing dentro da estratexia de Marketing Online.

-       Bases de datos, creación e adquisición.

-       Planificación dunha campaña de e-mail marketing.

-       Técnicas de deseño para crear un e-mail eficaz.

-       Principais errore.

-       Lexislación e normativas de e-mail marketing.

-       Obxectivos da campaña e análise de resultados obtivos por medio de estadísticas.

-       Diferentes ferramentas e plataformas para o envío de e-mail.

-       Caso Práctico: creación dunha newsletter, importación, creación de listas….

 

 *Será un taller teórico- práctico impartido por Pekecha.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Esta acción formativa está especialmente dirixida a praceiras e praceiros que teñan o seu posto de negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela; así como ao persoal que traballa en ditos postos. No caso de exitir prazas dispoñibles non cubertas por este colectivo poderán participar persoas que posúan un pequeno comercio no Concello de Santiago ou ben sexan traballadoras dun.
Requisitos

 Inscrición no formulario web desta mesma páxina.