OBRADOIRO DE REALIZACIÓN DE CAMPAÑAS DE PUBLICIDAD EN RRSS
Esta acción formativa está dirixida preferentemente a praceiras e praceiros que teñan o seu negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela e precisen formación para dinamizar as ventase levar a cabo apertura de mercado a través de campañas segmentadas na rede.
Traballarase principalmente tanto de cara a fidelización como de cara a ampliación de clientes.
O obradoiro realizarase na Aula de Formación da Praza de Abastos o 17 de xaneiro de 17 a 21 horas.
Obxetivo e contido:
- Repaso polas principales redes sociais e as súas posibilidades publicitarias.
- Auditoría dos puntos a mellorar de cada negocio na súa xestión destas ferramentas e selección das máis adecuadas para cada negocio.
- Deseño de campañas SEM e campañas de contidos con segmentación publicitaria.
- Novas ferramentas publicitarias.
*Será un taller teórico- práctico impartido por Pekecha.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Esta acción formativa está especialmente dirixida a praceiras e praceiros que teñan o seu posto de negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela; así como ao persoal que traballa en ditos postos. No caso de exitir prazas dispoñibles non cubertas por este colectivo poderán participar persoas que posúan un pequeno comercio no Concello de Santiago ou ben sexan traballadoras dun.
Requisitos
Inscrición no formulario web desta mesma páxina.
Enlaces