17,5 millóns de euros para investimentos no rural
A Xunta consigna unha partida de 17,5 millóns de euros para apoiar tanto proxectos produtivos como non produtivos que se orienten a crear emprego ou dotar de servizos á poboación.
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ente dependente da Consellería do Medio Rural, vén de convocar as axudas Leader, que contan cun presuposto de 17,5 millóns de euros para os anos 2018 e 2019. A partida total distribúese entre os 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) que funcionan en Galicia, que serán os encargados de valorar e resolver as solicitudes de subvención. Cada GDR comarcal dispón para as axudas entre 640.000 euros -os que contan coa menor cantidade- e 991.000 euros, no mellor dos casos.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Enlaces