Obradoiro de innovación e tendencias de marketing
O obradoiro realizarase na Aula de Formación da Praza de Abastos o 22 de novembro en horario de 17:00 a 21:00 horas.
Obxetivo:
Formar a praceiras e praceiros que queiran innovar nas súas estratexias de marketing para aumentar as vendas , ampliar os seus nichos de mercado e mellorar a fidelización dos seus clientes a través das novas ferramentas que o mercado ofrece a distintos niveis ( Online e Offline)
Obxetivos específicos:
- Coñecer as tendencias de consumo e achegarnos ao novo perfil de cliente.
Ampliar coñecementos prácticos e aplicables para aumentar as vendas e a redanbilidade do noso negocio.
Descubrir novas ferramentas de marketing e a súa aplicación de forma individual en cada caso.
Achegarse a un xeito de facer marketing máis creativo, dinámico, flexible e viral.
Programa:
O novo perfil de persoa consumidora, as súas necesidades e demandas.
Novas formas de deseño da estratexia de captación/ relación/ fidelización.
Ferramentas de marketing aplicadas a distintos tipos de campañas segundo obxectivos.
Marketing Offline ( v) Marketing Online
Innovación e disrupción creativa no deseño de campañas de marketing.
Exemplos e casos reais.
Aplicación práctica a cada caso particular.
O taller estará impartido por Verónica Ramallal, CEO de Pekecha.
Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo e Master da Escuela de Medios de la Voz de Galicia; traballa na actualidade dende Pekecha para empresas e institucións ofrecendo servizos de asesoramento no marketing/ promoción online e offline.
E ademáis mentora da EOI nos seus plans de emprendemento e colabora con varias Universidades no ámbito da identidade dixital e o desenvolvemento empresarial.
PRAZAS DISPOÑIBLES:
Ofértanse 20 prazas para participar nesta acción formativa.