• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Acolle na túa empresa a novas persoas emprendedoras europeas

O Programa Erasmus for Young Entrepreneurs da Comisión Europea permite que propietarios/xerentes ou persoas que formen parte do consello de administración dunha PEME (con máis de tres anos de experiencia dirixindo a empresa) poidan acoller a un mozo emprendedor doutro país da Unión Europea así como dun grupo de países participantes (entre eles Albania, Armenia, Bosnia-Herzegovina, Antiga República de Iugoslavia, República de Macedonia, Islandia, Montenegro, Moldavia, Serbia, Turquía e Ucraína) por un período de entre 1 e 6 meses, de forma totalmente gratuíta.

VANTAXES PARA AS EMPRESAS DE ACOLLIDA:
  • Os novos emprendedores poderán aportar novas ideas e puntos de vista que contribúan de maneira positiva ao desenvolvemento da empresa de acollida.
  • Obter coñecemento sobre mercados estranxeiros, incluíndo posibles contactos estratéxicos, e incrementar  así as posibilidades e oportunidades de internacionalización.
  • Mellora do crecemento potencial da empresa de acollida a través do establecemento de novas oportunidades de negocio directamente co novo emprendedor.
  • Posibilidade de interactuar con outras empresas europeas de  acollida pasando a formar parte dunha rede europea de empresarios de éxito.
  • Asistencia das organizacións intermediarias durante a acollida.
  • Aumento da visibilidade e o prestixio do negocio pola repercusión pública do programa ERASMUS.
  • Acceso ao uso da imaxe do programa así como ao certificado oficial de participación como empresario de acollida.
Requisitos

Para poder participar, a empresa de acollida debe cubrir un formulario de inscrición (en inglés) e achegar ol CV (preferiblemente en inglés) da persoa que se inscriba (propietarios/xerentes ou persoas que formen parte do consello de administración).