• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Programa europeo de intercambio de persoas emprendedoras e empresas

O programa europeo de intercambio de persoas emprendedoras e empresas (ERASMUS PARA NOVAS PERSOAS EMPRENDEDORAS) é unha iniciativa da Unión Europea na que UNINOVA -incubadora de empresas da Universidade de Santiago de Compostela e do Concello de Santiago, participa como organismo intermediario. 

Este programa permite que emprendedores cun plan de empresa elaborado e/ou cunha PEME de menos de tres anos de existencia poidan realizar unha estadía formativa de entre 1 e 6 meses cun empresario experimentado doutro país da Unión Europea así como dun grupo de países participantes (entre eles, Albania, Armenia, Bosnia-Herzegovina, Antiga República de Iugoslavia, República de Macedonia, Islandia, Montenegro, Moldavia, Serbia, Turquía e Ucraína).  Os emprendedores recibirán unha bolsa por parte da Unión Europea cuxo importe dependerá do país no que se realice a estadía. Este intercambio pode dividirse en tramos de, como mínimo, 1 semana.
Requisitos

Para poder participar, o emprendedor debe cubrir un formulario de inscrición expoñendo as súas motivacións e expectativas (en inglés), presentar un plan de negocio (pode estar en galego ou castelán) e o seu curriculum vitae (preferiblemente en inglés e en formato europeo) así como un resumo executivo do plan de negocio (en inglés).