• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Obradoiro de Visual Merchandising "Sácalle todo o zume ao teu produto"

Esta acción formativa está dirixida preferentemente a praceiras e praceiros que teñan o seu negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela e precisen formación en materia de visual merchandising.

O obradoiro realizarase na Aula de Formación da Praza de Abastos o 15 de novembro en horario de 17:00 a 21:00 horas.

Obxetivo:

Formar a praceiras e praceiros que queiran mellorar o seu desenvolvemento persoal e profesional no ámbito comercial, a través de técnicas de colocación do produto e da mellora de aspectos coma a presentación, a colocación e o control da apariencia

Obxetivos Específicos 

  • Incrementar a rendibilidade do noso punto de venda, mellorar o desenvolvmento profesional no ámbito comercial.
  • Identificar as prácticas correctas, agregando melloras naqueles aspectos críticos na nosa área de venda.
  • Obter clientela  nova e aumentar as compras da mesma.

Programa

-Xestión e creación de visuais estratéxicos

-Implantación e redistribución, de espazos en función das leis do visual

-Ordenación e zonificación das presentacións visuais

-Familia de produtos, produtos complementarios e vendas cruzadas

-Análise de espazos

-Técnicas e estratéxias de montaxe

-Planificación e organización de tarefas 

-A idea, o diseño e a implantación

-Visual merchandising a través de exemplos

 

Aprende con Patricia Maquieira a sacarlle todo o zume ao teu produto. Patricia é docente dende hai máis de doce anos e a súa paixón é a formación e a  dinamización do pequeño comercio, encántalle apoiar e motivar ás persoas que asisten aos seus obradoiros para conquerir maiores beneficios e resultados nos seus espazos comerciais. Con más de doce anos de experiencia no sector, estudiou en Barcelona e Galicia, ten traballado para Concellos e asociación como Compostela Monumental,  Asociación Zona monumental de Pontevedra, os concellos de Pontecesures, Meaño; Ponteareas e Porriño, ou en  academias privadas como Femxa formación, San Benito de La Guardia, System formación, Minerva formación, Alfer, Santa María, Recursos Galicia de Santiago de Compostela, así como no IES Chan do Monte, como profesora no módulo de comercio, formando ao alumnado na materia de animación no punto de venda.

 

PRAZAS DISPOÑIBLES:

Ofértanse 20 prazas para participar nesta acción formativa. 

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Esta acción formativa está especialmente dirixida a praceiras e praceiros que teñan o seu posto de negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela; así como ao persoal que traballa en ditos postos. No caso de exitir prazas dispoñibles non cubertas por este colectivo poderán participar persoas que posúan un pequeno comercio no Concello de Santiago ou ben sexan traballadoras dun.
Requisitos
  Inscrición no formulario web desta mesma páxina.