• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Café coloquio emprendemento "O forno dos Soños"

O forno dos soños é un programa de innovación social para o fomento do emprendemento que se desenvolve a través da creación dun entorno colaborativo no que se traballan, a través de diversas xornadas de formación e de traballo en equipo, todas aquelas competencias transversais que son precisas para levar unha idea de negocio á práctica.

 

Pero non sería un programa completo se, ademáis, non trataramos de achegar a esas persoas emprendedoras o que sinte alguén que está no proceso, a súa experiencia, os momentos bos, pero tamén os de dificultades.

 

Por iso, dende o proxecto, parecíanos fundamental organizar este café-coloquio con catro experiencias emprendedoras que pensamos que poden ser de utilidade para calquera persoa que se plantexe iniciar unha actividade por conta propia. Farémolo nun formato cercano, compartindo mesa, charlando, escoitando, preguntando, a catro persoas, catro perfís diferentes, catro pequeñas empresas, que están desexando compartir o seu proceso con calquera que queira escoitalas:

 

10:00          En primeiro lugar unha persoa que emprende para poder vivir do que lle gusta facer, Leonor, da empresa Como pez en el agua.

 

10:30          En segundo lugar alguén que decide emprender pero non ten éxito. Sen embargo, lonxe de abandonar aprende dos erros cometidos e decide voltar a tentalo, Manuel Carballada Otero.

 

11:00          En terceiro lugar un caso de emprendemento que se está a levar a cabo na actualidade por parte dunha emprendedora con case cincuenta anos, un traballo estable e unha dilatada experiencia laboral, Lourdes Dourado.

 

11:30          Por último, pero non menos importante, unha persoa que emprende, con éxito, e decide voltar a facelo, Ana Berta, de Doutroxeito Coworking.

 

12:30          Peche da xornada

 

Queremos convidarte a que, se te apetece, compartas un café con nós porque pensamos que pode ser unha boa oportunidade de aprender para todos e farémolo nun ambiente tranquilo, cercano, onde poderemos compartir e satisfacer as nosas inquedanzas. Será no edificio CERSIA o vindeiro día 27 de outubro, de 10 a 13 horas.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición