• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria para participar como expositor no Outlet Santiago Centro

A Fundación Santiago Centro, Área Comercial, abriu o prazo de solicitude para participar como expositor no Outlet Santiago Centro, que se celebrará os días 17, 18 e 19 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia.

Esta é a segunda edición do evento, que reunirá a un amplo grupo de establecementos comerciais do Ensanche e de Compostela, dos sectores máis variados. O evento inclúe a realización de accións para dar visibilidade a tres Ong que traballan en Santiago e Galicia, Down Compostela, Asanog e a sección galega da Asociación Alfa 1 España.

O éxito de público da primeira edición fixo que en 2017 Santiago Centro programe a ampliación do espazo de exposición, para dar cabida a máis comercios e produtos.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Diríxese a establecementos comerciais e empresas de servizos con tenda e/ou oficinas abertas ao público en Santiago de Compostela, que exporán e venderán os seus produtos, comprometéndose a doar o 1,5 % das vendas realizadas a tres proxectos solidarios. Os produtos a expoñer deberán necesariamente estar en liquidación, cumprindo todas as normativas a este respecto. O desconto medio deberá ser como mínimo do 30 % e no caso das empresas de servizos, a súa presenza estará vinculada á existencia de ofertas ou promocións específicas.