• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas do Igape para novos proxectos de emprendemento "Galicia Emprende"

O vindeiro 30 de novembro finaliza o prazo para a presentación de candidaturas á terceira convocatoria do programa Galicia Emprende, que ofrece axudas a fondo perdido a proxectos promovidos por novos emprendedores por un total de un millón de euros.

Os proxectos deberán finalizar antes do 15 de outubro de 2019 e sen ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda. 

Subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva, para os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación en pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.

Documentación requerida

a) Para todas as solicitudes: 1º DNI do representante legal, só no caso de denegar expresamente a súa consulta. 2º Certificado de vida laboral á data de solicitude de axuda dos promotores (persoas físicas) e no caso de sociedades de todos os socios. 3º Declaración asinada por todos os promotores que, cumprindo as condicións de novo emprendedor, vaian dedicarse en exclusiva ao proxecto empresarial para o que se solicita axuda. 4º As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3º da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado o beneficiario. 5º Se é o caso, proxecto técnico visado elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que contemplen gastos de obra civil e sexa preceptiva a dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc). Exceptúase da necesidade de presentación de proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores. 6º Plan de empresa, que se deberá xuntar como documento ao formulario electrónico de solicitude. 7º Certificación do órgano competente da Xunta de Galicia da obtención da cualificación do proxecto como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT), só no caso de denegar expresamente a súa consulta. 8º Declaración responsable do representante legal da empresa de ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se conceda a axuda. b) Para sociedades xa constituídas: 1º NIF da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta. 2º Imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta. Acreditarase por medio da declaración de alta censual, xustificación do pagamento do recibo do último exercicio ou ben a xustificación da exención. 3º Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente. 4º Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente. c) Para sociedades en constitución: 1º Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai constituír. 2º Proxecto de estatutos da sociedade, o cal se debe xuntar como documento ao formulario de solicitude.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

As empresas potencias beneficiarias deben cumprir determinados requisitos relativos a: a) Composición do capital, no caso de sociedades mercantís b) Antigüidade na actividade empresarial c) Contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

Requisitos

Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda. b) Presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000 euros e non superior a 500.000 euros, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 euros, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade. c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.