Congreso "Retos e desafíos do desenvolvemento local"
O congreso "Retos e desafíos do desenvolvemento local"
, terá lugar os días 16 e 17 de novembro en Madrid, o Concello de Santiago participa na mesa "Aplicación dos novos modelos económicos ao ámbito local".
O Congreso está dirixido a todas as entidades e profesionais que traballan por e para o desenvolvemento local, dende o ámbito público e privado, co obxectivo de analizar tendencias e compartir coñecemento e experiencias que se están a realizar nos municipios e comarcas participantes. Será un espazo de encontro único para a inspiración, o networking e o coñecemento no que se coñecerán os desafíos globais do futuro, afondando e debullando os principais temas que ocupan hoxe aos territorios:
• O emprego e o emprendemento responsable: no contexto da globalización, a innovación tecnolóxica e o envellecemento poboacional.
• Instrumentos para favorecer o desenvolvemento local en clave de sostibilidade: a xestión de polígonos industriais, o patrimonio industrial e cultural, o territorio como recurso turístico.
• A nova economía e a innovación social: un novo paradigma está emerxendo. Unha economía que non se enfoca só no mercado, senón que se basea nun sistema social e ecolóxico.
• As estratexias de desenvolvemento territorial: a aproximación á especialización intelixente dende o territorio.

O Congreso contará con persoas expertas de primeiro nivel nestas áreas, como a investigadora Miren Estensoro García ou Carlos Trías, conselleiro do Comité Económico e Social Europeo; e con algunhas das experiencias máis interesantes que se están a desenvolver neste momentos. E tamén espazos de descanso, café e encontro entre as persoas participantes.
Enlaces