Convocatoria de Axudas para o apoio á empresas de recente creación "Compostela Móvese 2017"
Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas ao fomento da creación e desenvolvemento de empresas e/ou proxectos de autoemprego iniciando actividade baixo o Réxime de Traballadores Autónomos no Concello de Santiago. A finalidade destas axudas é fomentar o a creación e desenvolvemento de tecido empresarial no Concello apoiando a empresas e iniciativas de autoemprego mediante axudas ao gasto corrente no que incorren estas iniciativas nun momento especialmente delicado na súa supervivencia empresarial como son os primeiros dous anos de actividade.
Obxecto.
Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas ao fomento da creación e desenvolvemento de empresas e/ou proxectos de autoemprego iniciando actividade baixo calquera forma xurídica admitida en dereito. A finalidade destas axudas é fomentar a creación e desenvolvemento de tecido empresarial no Concello apoiando a empresas e iniciativas de autoemprego mediante axudas ao gasto corrente no que incorren estas iniciativas nun momento especialmente delicado na súa supervivencia empresarial como son os primeiros dous anos de actividade.
Contía.
Ao presente programa destínase unha partida de 80.000 euros con cargo aos orzamentos municipais do ano 2017 partida 070 43300 47901
A contía individualizada da subvención a outorgar será de 3.000 € por proxecto empresarial en xeral, e de 5.000 euros si se trata de cooperativas de traballo asociado ou sociedades laborais, con independencia do número de beneficiarios que a compoñan. Será necesario un mínimo de 8 puntos para optar á subvención.
En ningún caso o importe das axudas concedidas ao abeiro desta convocatoria poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver o beneficiario.
Poderán resultar beneficiarios das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:
ª Iniciar a súa actividade económica entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de maio de 2017.
ª Aos efectos deste programa enténdese como data de inicio de actividade aquela na que a persoa solicitante cause alta no IAE ou no seu caso no censo de obrigados tributarios.
ª Ter a súa sede social, fiscal e de actividade no Concello de Santiago.
ª Que a actividade empresarial iniciada supoña o autoemprego, cando menos, de unha das persoas promotoras da mesma.
ª A súa actividade empresarial sexa viable económica, financeira e tecnicamente.
ª Non percibisen subvencións ao abeiro do programa de axudas Santiago Investors Support ou
Compostela Móvese nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
ª Non desenvolvesen a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses
inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade.
ª Non poderán ser persoas beneficiarias da presente subvención as persoas xurídicas resultado da fusión doutras pre-existentes que non cumpriran os requisitos previstos na presente cláusula, así como os solicitantes que se amparen para acreditar o cumprimento da condición de beneficiario en meros cambios de denominación, domicilio social ou calquera modificación nos estatutos.