• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

"MENS SANA IN CORPORE SANO" Seminario de marca e entrenamento persoal

No marco do programa de actividades "Compostela Móvese" convócase este seminario de 7 horas de duración que se celebrará o día 28 de outubro no Centro de Coworking Gaias (CEM) no marco da colaboración establecida con esta entidade para o fomento do emprendemento e da mellora empresarial no Concello de Santiago.
DATOS DO CURSO
  • Datas: 28 de outubro
  • Horario:  10:00 a 14:00  e de 16:30 a 19:30.
  • Nº Horas: 7 horas
  • Modalidade: presencial

Lugar de impartición: Centro de Emprendemento Coworking Gaias, Cidade da Cultura 

Nº de prazas: 20

Programa: Adéstrate para o éxito

Marca Persoal. 10.00 – 14.00 horas

Seguro que sempre escoitaches falar desas persoas que se fan notorias na sociedade grazas á súa capacidade para poñer en evidencia as súas extraordinarias diferenzas. A pregunta é: Gustaríache ser unha desas persoas?

Nesta media xornada de mañá ensinarémosche algunhas claves para aprender como   facelo: personalidade exquisita, dominio do perímetro, potencias aumentadas, apreciación xusta, emprazamento idóneo, comunicación oportuna...

Atréveste a ser irresistible?

 

Imparte: Modesto Gómez (ver CV )

 

Entrenamento Persoal. 16.30 – 19.30 horas

Unha boa forma física axúdanos a mellorar os nosos niveis de saúde e benestar.

Nesta media xornada de tarde aprenderemos a coidala coas técnicas que  utilizan os adestradores persoais.

Serán tres horas de exercicio monitorado impartidas por un dos “persoal trainer” máis reputados de Santiago e Galicia.

É imprescindible traer roupa deportiva.

 

Imparte: Jacobo Paredes (personal trainer profesional)

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
  Persoas emprendedoras, empresariado e traballadoras/es en activo do Concello de Santiago de Compostela.
Requisitos
  Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 26 de outubro de 2015 ás 14:00h.  A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso de inscrición dentro do colectivo preferente, e logo se sobran prazas  tamén por orde de inscrición accederán estudantes e persoas desempregadas