Mellorar e Medrar
Este programa de actividades está dirixidos ao empresariado do Concello de Santiago de Compostela Dende o 6 de ao 31 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para solicitar praza como empresa nas seguintes accións do Servizo de Apoio á Empresa a Domicilio.Ofrecemos:
1. 10 seminarios formativos de 8 horas de duración para un máximo de 20 persoas cada un a impartir na sede da empresa ou nalgunha das instalacións do CERSIA Empresa ou da Asociación Área Empresarial do Tambre co seguinte temario:
Ø Que é vender?
Ø As vendas a día de hoxe
Ø Quen e que vende hoxe?
Ø Neurociencia: tipos de cerebro.
Ø Neurovendas: como toma as decisións a nosa clientela
Ø A/O nosa/o cliente:
1. Coñecela/o: tipos de cliente
2. Entendela/o
3. Axudandoa/o a tomar decisións
Ø Negociación consultiva
1. Diluíndo o seu efecto e axundando á clientela avanzar cara a compra
2. Xerando confianza
Ø Actitude; a importancia insconsciente a os seus efectos na/o cliente/a.
2. 10 prazas para o Servizo de consultoría para revisión do modelo de negocio
O obxectivo será compañar ao empresariados e persoal directivo na reflexión sobre a súa estratexia, apoiándoos con metodoloxías e ferramentas necesarias para levala a cabo.
Os contidos aproximados das sesións serán como segue:
Sesión grupal I: Análise do modelo de negocio
· Modelo de negocio e proposta de valor: Canvas
· Análise dos segmentos de clientes (clientes máis rendibles/con maior potencial,etc)
· O cadro estratéxico da empresa
Sesión grupal II:Ferramentas para definir a estratexia
· As 6Ps dos servizos
· Customización vs estandarización
· Proposta de servizos e valor para o cliente (como encaixa na oferta de servizos co que lle aporta valor ao cliente)
· Maximizar o valor para o cliente (Value Stream Mapping)
Sesións individuais:
Nas sesións individuais o consultor acompañará á/ao empresaria/o e/ou directiva/o na reflexión acerca da estratexia empresarial e utilizando as ferramentas e conceptos que xa se explicaron nas sesións grupais.
A temática para cada unha das sesión é a seguinte, podéndose adaptar segundo as necesidades de cada empresa.
Ø Sesión individual 1: Análise do modelo de negocio actual e plan de primeiras medidas.
Ø Sesión individual 2: Revisión de procesos internos para ofrecer maior valor ao cliente.
Ø Sesión individual 3: Identificar áreas para a innovación empresarial e diversificación si é o caso.
3. 10 prazas para o Servizo de Consultoría en internacionalización.
O obxectivo desta liña é mellorar o potencial de exportación das empresas a través dun plan medidas que preparen a empresa para o acceso a novos mercados e por outra parte de metodoloxías que lles permitan realizar un plan de internacionalización completo.
Os contidos aproximados das sesión grupais e individuais serán como segue:
Sesión grupal I: Estratexia internacional
1. Ventaxas da internacionalización para a empresa
2. Análise do potencial exportador
3. Como prepararse para a internacionalización
4. Estratexias para a selección de mercados
5. Metodoloxías e fontes de información
Sesión grupal II: Técnicas de comercio exterior
1. Investigación de mercados internacionais
2. Principais fontes de información
3. Cálculo do prezo internacional
4. Os incoterms como base para o cálculo do prezo
5. Promoción internacional: misións comerciais e feiras
Sesión individual 1: Diagnose do potencial exportador e plan de primeiras medidas adoptar.
Sesion individual 2: Filtrado de países e selección de mercados
Sesión individual 3:Investigación do mercado seleccionado
DATAS DE CELEBRACIÓN:
Seminarios formativos de vendas: impartirase un seminario cada un dos seguintes días: 5, 9, 10, 11, 12, 17, 18, 24, 25 e 30 de novembro de 2015. A escolla de datas entre as empresas inscritas farase por orde de inscrición.
Sesións grupais modelo de negocio e internacionalización: 16 de novembro e 14 de decembro en horario de 10:00h a 14:00h no CERSIA Empresa.
Sesións individuais: a axendar coa empresa participante.
Empresariado do Concello de Santiago de Compostela.
Para inscribirse nesta actividade será preciso realizar unha inscrición empregando o formulario web habilitado na páxina www.cersiaempresa.org . O servizo de Apoio á Empresa contactará as empresas solicitantes por rigurosa orde de inscrición para comprobar os requisitos de acceso ao programa e máis fixar a data e lugar de realización das accións.
No caso dos seminarios formativos en vendas será preciso acreditar a participación de cando menos 8 persoas da empresa para poder acceder a un seminario en exclusiva para esa empresa. Se a empresa ten interese en participar con un número menor de persoas neste seminario de vendas o Concello estudiará a posibilidade de impartir o seminario conxuntamente co persoal de outra empresa. A concesión da actividade formativa será preciso cumplimentar a solicitude que se adxunta como Anexo I a estas bases debidamente acompañada da documentación que se indica na mesma e presentala no CERSIA Empresa con anterioridade ao inicio da actividade.
Será requisito imprescindible para participar nesta actividade que a empresa solicitante teña cando menos unha sede de actividade no Concello de Santiago de Compostela
A admisión na actividade realizarase por orde de inscrición vía formulario web previa comprobación por parte da Oficina de Promoción Económica do cumprimento dos requisitos esixidos e da presentación física da documentación esixida ata esgotar o total de prazas dispoñibles.
A admisión definitiva na actividade comunicarase individualmente a cada empresa telefónicamente e por correo eletrónico.
A presentación da solicitude ou realización da inscrición on line implica a aceptación das presentes bases específicas, así como das Bases Xerais do programa Compostela Móvese 2015.