• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Unha Imaxe e Mil Verbas, seminario de comunicación e fotografía.

No marco do programa de actividades "Compostela Móvese" convócase este seminario de 7 horas de duración que se celebrará o día 7 de outubro no Centro de Coworking Gaias (CEM) no marco da colaboración establecida con esta entidade para o fomento do emprendemento e da mellora empresarial no Concello de Santiago.

DATOS DO CURSO
  • Datas: 7 de outubroo
  • Horario:  10:00 a 14:00  e de 16:30 a 19:30.
  • Nº Horas: 7 horas
  • Modalidade: presencial

Lugar de impartición: Centro de Emprendemento Coworking Gaias, Cidade da Cultura 

Nº de prazas: 20

Programa:

Comunicación (sesión de mañán): 

Na sociedade actual "comunicar" o é todo. Neste seminario enfocaremos como facelo tratando de harmonizar verbas e imaxes. Como dalar para convencer, como utilizar a linguaxe non verbal, como dominar a comunicación no cara a cara, ante audiencias e nos medios de comunicación... Un reto ao que ninguén debe dar as costas pois, como din as/os expertas/os en mercadotecnia: de que nos serve ser extraordinarias/os se non sabemos como contalo ao mundo?

Fotografíá (sesión de tarde):

Sen dúbida, unha das maneiras máis importantes de comunicarnos é a través das imaxes. A comunicación visual xoga un papel preponderante na arte de contar a realidade aos demais. Xa o di o refrán: "Unha imaxe vale máis que mil verbas". Pois diso vai a dinámica práctica deste seminario de comunicación: un curso exprés de fotografía dixital que, en tres horas, tratará de expicarnos como podemos aprender a transmitir sentimentos e sensacións coas imaxes.

Documentación requerida
 

Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:

  • Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2015/2016 ou de ter obtido o título nos anos 2015 ou 2014
  • Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Colectivo preferente: persoas emprendedoras, empresariado e traballadoras/es en activo do Concello de Santiago de Compostela.

Requisitos
Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 6 de outubro de 2015 ás 13:00h.  A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso de inscrición dentro do colectivo preferente, e logo se sobran prazas  tamén por orde de inscrición accederán estudantes e persoas desempregadas