• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Factoría de Éxito: formación e coaching para persoal directivo

No marco do programa Santiago Investors Support2015 organízase este seminario de 12 horas de duración que ten como obxectivo formar ás persoas con responsabilidades na súa organización en materia de xestión do talento persoal.

A Factoría do Éxito combina formación en habilidades e actitudes de éxito, cun coaching executivo a nivel individual. Na xornada traballaranse habilidades e ferramentas necesarias para contribuír ao logro das metas establecidas polos propios participantes tanto nas súas vidas persoais coma profesionais.

O obxectivo concreto desta Factoría do éxito é que o asistente sexa capaz de xestionar os seus desafíos cun novo nivel de motivación e confianza; coñecerse mellor a un mesmo mellorando a capacidade de autoxestión e de relación coas demáis persoas e coñecer as claves dunha comunicación exitosa que permita conseguir obxectivos que impliquen interactuar cos demais.

O Programa Factoría de Éxito vai dirixido a:

  • Profesionais que, con independencia do seu sector e posto, queiran desenvolver actitudes e aptitudes de éxito. Aprenderán habilidades e ferramentas necesarias para lograr as súas metas.
  • Beneficiaranse eles mesmos, os seus equipos e organizacións, en aras de incrementar o seu rendemento, satisfacción e resultados.
¿Qué conseguirán as persoas participantes?
  • Ser capaces de xestionar os desafíos da contorna cun novo nivel de motivación e confianza nas súas posibilidades.
  • Coñecerse mellor a sí mesmos e comprender mellor aos demáis, dun modo que mellorará a súa capacidade de autoxestión e xestión das relación coas demáis persoas.
  • Entrenar as súas habilidades de comunicación e relación, incrementando a súa capacidade para conseguir obxectivos que impliquen interactuar coas outras persoas.

A Factoría de Éxito realízase a través de 3 accións:

  1. 8 horas de formación en aula cos participantes. A realizar o día 2 de xuño no CERSIA Empresa en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.
  2. Realización do test de personalidade MBTI©.
  3. Dúas sesións de coaching executivo de 60 minutos con cada participante, de forma individual. A realizar nos días 3, 23 ou 25 de xuño (a axenda das sesións de coaching pecharase con cada participante de xeito individual o día 2 de xuño). 

 


Acción 1. Formación presencial de 8 horas en aula cos participantes.
PROGRAMA FORMATIVO:
1. Os cimentos do éxito.
2. A excelencia e o talento.
3. A competitividade.
4. Obxectivos ben formulados.
5. 3,2,1: Acción. Obstáculos e recursos.
6. A comunicación exitosa.
7. A innovación.
8. O tempo. ¿Qué é un minuto?
9. O liderado.
10. Desenvolvemento exitoso sostenible.

Acción 2. Realización do test de personalidade MBTI©.
Realización do test MYERS BRIGGS TYPE INDICATOR® (MBTI®) + informe de personalidade para cada participante.
MYER BRIGGS TYPE INDICATOR® é un dos test de auto-coñecemento e desenvolvemento persoal máis utilizado mundialmente no ámbito empresarial. O 70% das empresas do Fortune 500 (índice das 500 maiores empresas de EE.UU.) empléano no desenvolvemento das súas persoas.
A través do MBTI®, os participantes aprenden a identificar os seus puntos fortes e as súas áreas de desenvolvemento, así como as súas habilidades e obxectivos.

Acción 3. Dúas sesións de coaching executivo individual de 60 minutos de duración con cada participante.
Trataremos de forma individual qué quere conseguir cada asistente, o seu obxectivo e o seu plan de acción para lograr as súas metas. A información compartida será absolutamente confidencial.

O cronograma das sesións de coaching establecerase de forma personalizada con cada asistente. A primeira sesión de coaching é a sesión de feedback do test MBTI®, traballarase co asistente sobre resultados obtidos

Documentación requerida
Documentación: Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
  • Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Empresariado e/ou traballadores/as en activo con cargos de xestión do tecido empresarial de Santiago de Compostela. 10 prazas dispoñibles. 

Requisitos

Inscrición no formulario web nesta mesma páxina. O prazo de inscrición remata o día 28 de maio de 2015 ás 14:ooh

A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a.

A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas  tamén por orde de inscrición.