• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AULA DE MADURACIÓN EMPRESARIAL

A Concellaría de Economía, Emprego, Comercio, Turismo e Mercados convoca, no marco do programa Urbana Santiago Norte, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) 15 seminarios de capacitación para o emprendemento, denominados Aula de Maduración Empresarial, mellorar e medrar en Urbana Santiago Norte.

Os seminarios programados son os seguintes:

1.      Trámites administrativos da empresa: 6 de outubro de 2014

2.      Rexímenes societarios para empresas: 7 de outubro de 2014

3.      Responsabilidade funcional: 8 de outubro de 2014

4.      A túa idea de empresa: 9 de outubro de 2014

5.      O teu producto/ servizo: 10 de outubro de 2014

6.      O teu mercado e a túa competencia: 13 de outubro de 2014

7.      As túas necesidades loxísticas: 14 de outubro de 2014

8.      A comunicación e a promoción: 15 de outubro de 2014

9.      Sistemas tecnolóxicos: 16 de outubro de 2014

10.  Finanzas para non financeiros: 17 de outubro de 2014

11.  Fiscalidade para non facendistas: 20 de outubro de 2014

12.  O teu plan de marketing: 21 de outubro de 2014

13.  Comercialización e vendas: 22 de outubro de 2014

14.  Aceso a fontes de financiamento: 23 de outubro de 2014

15.  Os valores humanos na empresa: 24 de outubro de 2014

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Estes seminarios está dirixidos ao empresariado da Zona Urbana Santiago Norte así como ás  persoas que desexen iniciar unha actividade empresarial no territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte e queiran adquirir as competencias precisas para desenvolver a súa actividade emprendedora.
Requisitos

Para asistir aos seminarios é preciso cumplimentar a inscrición aos mesmos a través desta mesma web. Realizarase unha inscrición por cada seminario ao que se desexe asistir. Se desexas asistir a todos os seminarios, cumplimenta o formulario "Aula de Maduración Empresarial: Inscrición aos 15 seminarios"