• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SORTEO DUN BONO DE 3.000,00€ PARA A ESCOLA DE NEGOCIOS NOVACAIXAGALICIA PARA O 2014

Na convocatoria anual de premios que a entidade EGANET realiza para valorizar o traballo no ámbito das tecnoloxías da comunicación e da información resultou gañador na categoría de Comunicación Dixital a páxina web municipal www.rochaforte.info

Como parte deste galardón foron entregados ao Concello de Santiago, dous bonos para realizar formación relacionada co emprendemento e a mellora profesional doados polas entidades Escola de Negocios Novacaixagalicia e Smartmind que serán sorteados entre persoas usuarias do Servizo de Apoio á Empresa do CERSIA Empresa.

BASES DA CONVOCATORIA:

  1. Obxecto do sorteo: O obxecto do presente sorteo é un bono por valor de 3.000,00€ canxeable para realizar calquera programa na Escola de Negocios Novacaixagalicia válido para o ano 2014.  A programación de cursos desta entidade, así como os prezos de matrícula dos mesmos pode consultarse na web http://www.escueladenegociosncg.edu/
  2. Participantes:Poderán participar neste sorteo todas as persoas que cumplan os seguintes requisitos:
    1. Estar censadas no Concello de Santiago
    2. Ser usuarias do Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago ou do Servicio de apoio ao emprendemento da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela ou da Universidade de Santiago de Compostela.
    3. Acreditar a formación e experiencia profesional precisa para cursar calquera dos masters da Escola de Negocios Novacaixagalicia
  3. Inscrición: Para participar no sorteo as persoas interesadas deben remitir un correo electrónico á dirección sae@santiagodecompostela.org indicando os seguintes datos persoais: nome, DNI, enderezo, correo electrónico e teléfono de contacto adxuntando o mesmo un curriculum vitae antes do día 23 de maio as 14:00h.Unha vez verificados os requisitos especificados no punto 2º destas bases e rematado o período de inscrición publicarase un listado motivado de admisións e exclusións para o sorteo na web www.cersiaempresa.org . Establecerase un prazo de dous días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación do listado para efectuar reclamacións ao mesmo.Unha vez resoltas as reclamacións se as houbese, publicarase o listado definitivo de participantes no sorte na web www.cersiaempresa.org
  4. Sorteo:  O sorteo realizarase o 27 de maio de 2014 ás 12:00h no CERSIA Empresa de xeito público. Cada inscrición terá asignado un número en función da súa orde de recepción. No sorteo ademais de extraerse un número correspondente a unha persoa gañadora, seleccionaranse cinco números máis correspondentes a cinco persoas suplentes.
  5. Comunicación á persoa gañadora: A comunicación á persoa gañadora realizarase por correo electrónico, sendo precisa confirmación de ter recibido este nun prazo non superior á tres días. De non obterse resposta pasarase ao suplente 1, tamén comunicándoo por correo electrónico e dando tres días para confirmación de recepción; e así sucesivamente co resto de suplentes.
  6. A Concellaría de Economía queda facultada para resolver as posibles eventualidades que poidan xurdir no desenvolvemento deste sorteo e que non estean previstas nestas bases.
  7. A participación no presente sorteo implica de acordo cos artigos 5 e 6 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal,que a persoa participante CONSINTE EXPRESAMENTE que os seus datos de carácter persoal, facilitados á Entidade CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA no marco dos Programas de Promoción Económica, sexan incorporados a un ficheiro, inscrito por esa Entidade na AEPD, coa finalidade de xestionar a relación cos participantes en accións de promoción económica e realizar un seguimento e control da súa actividade empresarial, e sexan así mesmo cedidos á Consellería de Traballo e Benestar e ao C. E. E. I. Galicia S.A. (BIC Galicia) coa mesma finalidade. As persoas participantes poden exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en calquera momento mediante escrito, acompañado de copia de documento oficial que as identifique, dirixido a CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, no enderezo Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela A CORUÑA
  8. Unha vez posta en contacto a persoa gañadora e a entidade que imparte a formación, a Concellaría de Economía non se responsabilizará de ningún aspecto relacionado coa xestión, impartición ou execución do plan formativo en cuestión.
  9. A presentación dunha inscrición implica a aceptación das presentes bases.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición