• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS SANTIAGO INVESTORS SUPPORT 2014

O programa Santiago Investors Support, do Departamento de Economía, comezou no ano 2013 unha nova liña de axudas a emprendedores, cun orzamento de 100.000 euros. O Santiago Investors Support naceu no segundo semestre do 2011 como un programa vertebrador de todas as accións que se desenvolvían dende a Área de Economía do Concello co obxecto de dinamizar a vida empresarial da cidade. Esta segunda convocatoria da liña de axudas a  persoas emprendedoras é un paso máis na consolidación do programa e tamén representa a importancia que ten para o goberno municipal o fomento da cultura emprendedora como unha das principais vías para poder superar a situación económica actual.

O máximo de axuda por empresa ascente aos 5.000 euros e os capítulos subvencionables son: custo de persoal contratado por conta allea, cotas autónomos do empresario individual e socios e cotas das mutuas dos colexios profesionais; compras de mercadorías, materias primas e outros aprivisionamentos; gastos de investigación e desenvolvemento; arrendamentos e canons; reparacións e conservacións; servizos profesionais independentes; transportes; primas de seguros; publicidade, propaganda e relacións públicas; subministros; gastos de formalización de constitución da sociedade.

Para a concesión das axudas estudarase o proxecto empresarial, no que se valorará especialmente a contribución da idea empresarial ao desenvolvemento de sectores estratéxicos da economía de Santiago, como as industrias creativas, novos produtos turísticos, prestacións de servizos para mellorar a calidade de vida dos cidadáns ou actividades baseadas na explotación comercial de resultados de proxectos de investigación da USC. Ademais, tamén se valorará dun xeito importante a creación de postos de traballo realizados pola empresa, o uso do galego e a localización da actividade dentro do ámbito de actuación do Plan Histórico
Documentación requerida
  As solicitudes realizadas no modelo de instancia adxunto ás bases, dirixiranse á Oficina de Economía dependente da Concellaría de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, e  presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (rúa Presidente Salvador Allende, 4), nalgún dos seus rexistros auxiliares (Edificio CERSIA Empresa, Rúa do Alcalde Raimundo López Pola S/n e rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16)  ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico e procedemento administrativo común.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán resultar beneficiarios das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

ª          Iniciar a súa actividade entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 30 de maio de 2014

ª          Aos efectos deste programa enténdese como data de inicio de actividade aquela na que a persoa solicitante cause alta no IAE ou no seu caso no censo de obrigados tributarios.

ª          Ter a súa sede social, fiscal e de actividade no Concello de Santiago.

ª          A súa actividade empresarial sexa viable económica, financeira e tecnicamente.

ª          Non percibisen subvencións ao abeiro deste programa nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

ª          Non desenvolvesen a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade.

ª          Non poderán ser persoas beneficiarias da presente subvención as persoas xurídicas resultado da fusión doutras pre-existentes que non cumpriran os requisitos previstos na presente cláusula, así como os solicitantes que se amparen para acreditar o cumprimento da condición de beneficiario en meros cambios de denominación, domicilio social ou calquera modificación nos estatutos.