• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

CURSO EMPRESARIOS INDIVIDUAIS-AUTÓNOMOS. FACTURACIÓN

O obxectivo do curso son que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para realizar correctamente a súa propia facturación como traballadores/as autónomos/as

DATOS DO CURSO

  • Datas: 19 de maio 
  • Horario: 9:30 a 14:30 horas
  • Nº Horas: 5 horas
  • Modalidade: presencial
  • Lugar de impartición: CERSIA Empresa
  • Nº de prazas: 15

PROGRAMA

  1. Obrigados á facturación
  2. Normativa sobre facturación
  3. A factura electrónica 
Documentación requerida

Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:

Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.

Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.

Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2013/2014 ou de ter obtido o título nos anos 2013 ou 2012.

Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Persoas emprendedoras de Santiago de Compostela.
Comentar breve resumo  do proxecto na memoria na inscrición.
Requisitos

Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 25 de abril de 2014 ás 14:00h

A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro do colectivo preferente, e logo se sobran prazas  tamén por orde de inscrición accederán en primeiro lugar, empresariado e traballadores/as en activo e en segundo lugar estudantes e persoas desempregadas.