• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

CURSO DE RENOVACIÓN DE LEXIONELLA.

Este curso de Renovación de  Mantemento Hixiénico-Sanitario para a prevención de control da lexionelose esta dirixido a persoal de empresas que realicen traballos de mantemento e limpeza de instalación de risco (en balnearios, torres de refrixeración, aire acondicionado, ximnasios...)

Traballadores que fixeran o curso de Mantemento Hixiénico-sanitario para a Prevención e Control da Lexionelose hai máis de 4 anos, xa que é obrigatorio actualizar esta formación.

O obxectivo xeral do curso é dotar ao alumnado dos coñecementos, habilidades e competencias que o mundo da empresa e a administración pública esixen para o control e prevención da lexionelose:

  • Certificar o cumprimeto legal da formación recibida polos traballadores/as que realizan operacións de mantemento en instalacións susceptibles de propagar a lexionelose.
  • Informar sobre os novos cambios normativos  novas tecnoloxías na realización de mantementos  en instalacións susceptibles de propagar a lexionelose.
  • reforar os coñecementos básicos sobre as prácticas de limpeza e desinfección e comunicar novidades ao respecto.
  • Afondar na normativa vixente aplicable para as actuación necesarias en intalacións con maior e menos probabilidade de proliferación e dispersión de lexionela
  • facilitar ferramentas para a mellora continua mediante guías e normas UNE de aplicación e instalacións susceptibles de propagar a lexionelose
  • Afondar na metodoloxía dos Puntos de Control Críticos aplicado ás Instalacións con riscos de propagar a lexionelose.

DATOS DO CURSO

  • Datas:13 e 14 decembro
  • Horario: 13 de decembro de 16.00 a 21:00 horas, 14 de decembro de 09:00 a 14:00horas.
  • Nº Horas: 10 horas
  • Modalidade: presencial
  • Lugar de impartición: Sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre na Vía Edison, 1 no Polígono Industrial do Tambre - Santiago de Compostela

PROGRAMA

Módulo 1. ACTUALIZACIÓN NORMATIVA DA LEXISLACIÓN NACIONAL E AUTONÓMICA EN RELACIÓN COA LEXIONELOSE, PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E AMBIENTAIS. (1 hora)

  1. Normativas autonómicas.
  2. Código técnico da Edificación.
  3. Norma UNE 100030:2005 Prevención da Lexionella en instalacións de edificios.
  4. Regulamento de instalacións térmicas en edificios (RITE).
  5. Desenvolvemento da Directiva de biocidas.
  6. Auga de consumo humano.

 

Módulo 2. BOAS PRÁCTICAS DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN. (2 horas)

  1. Novidades no deseño e mantemento das instalacións.
  2. Sistemas físicos e físicos-químicos.
  3. Rexistro de actuacións.

 

Módulo 3. METODOLOXÍA DE CONTROL DE PUNTOS CRÍTICOS EN INSTALACIÓNS DE RISCO DE LEXIONELSE. AVALIACIÓN DO RISCO. (2 horas)


Módulo 4. ACTUALIZACIÓN DO MANTEMENTO HIXIÉNICO-SANITARIO DE INSTALACIÓNS CON MAIOR ROBABILIDADE DE PROLIFERACIÓN E DISPERSIÓN DE LEXIONELLA. (3 horas)

  1. Estrutura.
  2. Prevención e control.
  3. Guías técnicas.

 

Módulo 5. ACTUALIZACIÓN DO MANTEMENTO HIXIÉNICO-SANITARIO DE INSTALACIÓNS CON MENOR PROBABILIDADE DE PROLIFERACIÓN E DISPERSIÓN DE LEXIONELLA. ESTRUTURA, PREVENCIÓN E CONTROL. GUÍAS TÉCNICAS. (2 horas)

Documentación requerida

 

Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:

  • Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2013/2014 ou de ter obtido o título nos anos 2013 ou 2012.
  • Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
  • Para socios da Asociación Area Empresarial do Tambre: acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

 

Empresariado, traballadores/as en activo  e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre

Requisitos

 

Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 5 de decembro de 2013  ás 14:00h

Estar en posesión do Título de Operacións de mantemento hixíenico sanitario de instalacións de risco (25h) homologado pola Xunta de Galicia.

A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas  tamén por orde de inscrición.