CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS
Este curso está dirixido a persoa interesadas en aprender a socorrer a accidentados/as. As empresas están obrigadas a formar ao seu persoal en materia de seguridade e saúde.
O obxectivo do curso é coñecer e dominar as actuacións básicas, fronte ás principais continxencias sanitarias, que permitan socorrer a u nha persoa accidentada ata a chegada dos servizos médicos.
DATOS DO CURSO
- Datas: 22 e 23 de novembro
- Horario: 22 de novembro de 16.00 a 21:00 horas, 23 de novembro de 09:00 a 14:00horas.
- Nº Horas: 10 horas
- Modalidade: presencial
- Lugar de impartición: Sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre na Vía Edison, 1 no Polígono Industrial do Tambre - Santiago de Compostela
PROGRAMA
- Primeiros auxilios: Conducta P.A.S. (Protexer, avisar e socorrer)
- Soporte vital básico
- Actuacións emerxentes e non emerxentes: obstrución das vias aéreas, afogamento, crises convulsivas, queimaduras, intoxicacións, desmaio, hemorraxias, feridas, traumatismos, picaduras de insectos.
- Botiquín
- Primeiros auxilios en lactantes e nenos/as
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2013/2014 ou de ter obtido o título nos anos 2013 ou 2012.
- Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
- Para socios da Asociación Area Empresarial do Tambre: acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Empresariado, traballadores/as en activo e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre
Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 15 de novembro de 2013 ás 14:00h
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.