CURSO DE FINANZAS PARA NON FINANCEIROS: NEGOCIACIÓN BANCARIA
Ao final do curso o alumnado aprederá a:
- Entender a realidade do proceso de negociación bancaria
- Coñecer cales son as nosas posibilidades de negociación e cáles son os intereses reais do banco e a súa relación comercial coa empresa
- Aprender a técnica precisa sobre os principais produtos financeiros que ofrecen as entidades bancarias.
- Saber que fonte de financiamento é a máis axeitada para as necesidades da empresa en cada situación.
DATOS DO CURSO
- Datas: 9, 10, 11, 12 e 13 de decembro
- Horario: de 19.00 a 22.00 horas
- Nº Horas: 15 horas
- Modalidade: presencial
- Lugar de impartición: Sede da empresa QUELQUM S.L.
na Rúa Secundino López nº2 Baixo en Santiago de Compostela.
PROGRAMA
MÓDULO I: A BANCA
- Introdución
- A actividade bancaria
MÓDULO II: ENTIDADES DE CRÉDITO: CONCEPTO E TIPOS
- O sistema financeiro
- As entidades de crédito como institucións financeiras
- Clasificación das entidades de crédito
MÓDULO III: FUNCIÓNS DAS ENTIDADES DE CRÉDITO
- O negocio bancario
- Operacións bancarias
MÓDULO IV: ESTRATEXIA FINANCEIRAS E BANCARIAS
- Introdución
- O balance banco empresa
- A conta de resultados banco empresa
MÓDULO V: XESTIÓN DE ACTIVOS E PASIVOS
- O financiamento de actividade empresarial
- O investimento e a súa planificación e avaliación
- O TAE
- Produtos de activo
- Servizos financeiros no sistema bancario
- Produtos de pasivo
- Servizos relacionados co financiamento
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2013/2014 ou de ter obtido o título nos anos 2013 ou 2012.
- Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
- Para socios da Asociación Area Empresarial do Tambre: acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Empresariado, traballadores/as en activo e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre
Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 29 de novembro de 2013 ás 14:00h
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.