CURSO DE CONDUCTOR/A DE CARRETAS ELEVADORAS
Este curso está dirixido a todas aquelas persoas que precisen manexa unha carreta elevadora para o desempeño do posto de traballo.
Os obxectivos do curso son:
- Capacitar ó conductor/a de carretas elevadoras no coñecemento das normas de seguridade
- Conducir carretas elevadoras con precisión e seguridade; así como realizar operacións de mantemento e realizar reparacións na carretilla
- Realizar o manexo e condución de carretas de acordo a normas de seguridade e prevención de riscos laborais
DATOS DO CURSO
- Datas: 13 e 14 de decembro
- Horario: 13 de decembro de 16.00 a 21.00 horas, 14 de decembro de 09.00 a 14.00 horas
- Nº Horas: 20 horas
- Modalidade: semi presencial, 10 horas presencias e 10 horas a distancia.
- Lugar de impartición: Sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre na Vía Edison, 1 no Polígono Industrial do Tambre - Santiago de Compostela
PROGRAMA
MÓDULO I: A CARRETA ELEVADORA
- Nocións de equilibrio
- Mecanismos de arranque do motor
- Tipos de carretas
- Os movementos hidráulicos
MÓDULO II: MANEXO DA CARRETA ELEVADORA
- O inicio da marcha. Consignas para condución e circulación
- A carga. Diferentes tipos de palets
- A almacenaxe. Deixar e tomar cargas do chan, apilado de cargas e garga a camións, vagóns, etc.
- O mantemento da carreta elevadora.
MÓDULO III: PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
- Normas de seguridade no manexo da carreta elevadora
- protectores e dispositivos de seguridade da carreta elevadora
MÓDULO IV: PRÁCTICAS
- Prácticas básicas de condución
- Paletización e despaletización
- Mantemento preventivo da carreta
- Reparacións básicas do vehículo.
Documentación requerida
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2013/2014 ou de ter obtido o título nos anos 2013 ou 2012.
- Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
- Para socios da Asociación Area Empresarial do Tambre: acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Empresariado, traballadores/as en activo e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre
Requisitos
Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 4 de decembro de 2013 ás 14:00h
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.