SENSACIÓN-ALL COMPOSTELA, O TEU COMERCIO ESTÁ DE MODA
O programa de dinamización comercial Sensación-all Compostela 13, o teu comercio está de moda, promovido pola Concellaría de Comercio en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e coa Fundación Cidade da Cultura na cesión de infraestrutura para o desfile, ofrecrá para Santiago vivir unha semana de moda e, para os comercios participantes, a posibilidade de ter un Look Bookpromocional do seu establecemento, así como a participación no desfile final que se celebrará na Cidade da Cultura o sábado 29 de xuño.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Poderá participar neste programa todo pequeno comercio que cubra e firme as bases do evento dentro da data límite de presentación. O comercio poderá solicitar toda a información que precise para valorar a súa participación no evento no seguinte contacto (e-mail: comercio@santiagodecompostela.org, ou no teléfono 680322350). Participará ata un máximo de 30 comercios con arranxo aos criterios establecidos nas bases da convocatoria.
O prazo de inscrición comeza ás 12:00 horas do día 12 de xuño e remata o 17 de xuño ás 15:00 horas.
Requisitos
A inscrición realizarase mediante o envío das bases asinadas ao correo electrónico comercio@santiagodecompostela.org ou ao fax 981543193.