XORNADA FORMATIVA "A EMPRESA E AS NOVAS TECNOLOXÍAS"
No marco do programa Santiago Investors Support organízase esta Xornada Formativa de 8 horas de duración centrada na relación entre a empresa e as novas tecnoloxías.
Celebrarase o día 10 de xuño no CERSIA Empresa (Avenida do Alcalde Raimundo López Pol s/n, San Lázaro) , en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.
O prazo de inscrición remata o 5 de xuño ás 14:00h
Programa:
1. A empresa antes e despois das TIC
2. A web 1.0.
3. Intranet no horizonte corporativo
4. A web 2.0
5. As redes sociais profesionais
6. A empresa mobile
7. A dieta tecnolóxica
8. Eficiencia tecnolóxica
Persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial, estudantado universitario ou de formación profesional e persoas desempregadas de Santiago de Compostela
Inscrición no formulario web nesta mesma páxina