• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

3º Encontro comercial GETTING CONTACTS SANTIAGO

O 30 de maio de 2013 en horario de 9:30 a 14:00h o centro comercial Área Central acolle a terceira edición do Encontro Comercial GETTING CONTACTS organizado polo Concello de Santiago en colaboración con AJE Galicia(FEGAXE) e o propio centro comercial Área Central

Getting Contacts! é un evento de networking orixinal mediante unha axenda de contactos. Ten coma obxectivos fortalecer ás empresas locais, facilitando os contactos e o networking, xerar novas oportunidades de negocio, atraer a empresarios de outras poboacións e abrir as portas a novas inversións. Getting Contacts! conta cunha metodoloxía propia, que permite garantir a cada participante unha axenda personalizada segundo os seus intereses, con entre 15 e 25 entrevistas de alta efectividade.

As razóns para participar en Getting Contacts! son: entrevistas de calidade con outras empresas e profesionais segundo os seus intereses, novos contactos para ampliar o seu negocio (clientes, provedores, colaboradores, socios), promoción da súa empresa en tres niveis (empresas clientes e provedores, administración e asociacións).

Esta será a terceira edición que se celebra o evento en Santiago en apenas un ano, sinal de que se trata dun encontro interesante para as empresas e os emprendedores, que saben que nun tempo reducido poden establecer contactos interesantes para os seus proxectos. Na segunda edición de Getting Contacts!, que se celebrou tamén en Área Central o pasado mes de decembro, participaron representantes de 136 empresas.

A inscrición é gratuíta e pode tramitarse na páxina www.gettingcontacts.com

. Nesta web hai que cubrir o formulario de inscrición do xeito máis preciso posible para que se podan fixar as entrevistas máis interesantes para cada un dos participantes.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Empresariado de todos os sectores que queiran apmpliar a súa rede de proveedores e clientes

Requisitos

Ter unha empresa en activo e formalizar a inscrición no formulario web