• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PREMIOS AO COMERCIO COMPOSTELÁN 2013

Un ano máis, búscase premiar ao comercio de Compostela pola súa participación no sostemento económico da nosa cidade e o seu papel protagonista no eido do social e cultural. Compromiso, amabilidade, asesoramento, proximidade, innovación… son algunhas das moitas razóns que fan que poidamos afirmar que TEMOS UN COMERCIO DE CINE.
Os comercios poderán optar a unha ou varias das seguintes categorías:Comercio de BarrioPremiarase ao comercio que, por votación popular, destaque pola súa traxectoria nos barrios e por prestar ese valor engadido de confianza e trato familiar que caracteriza aos negocios de proximidade. 
Aspectos a valorar:
  • Compromiso e participación nas actividades sociais e veciñais
  • Trato personalizado e “familiar” cos clientes
Comercio AgarimoPremiarase ao comercio que, segundo as votacións dos propios clientes, destaque pola súa amabilidade, simpatía e servizo posvenda. 
Aspectos a valorar:
  • Excelencia na atención ao público
  • Satisfacción do cliente
  • Servizo posvenda
Comercio InnovaciónRecoñecerase a incorporación das novas tecnoloxías e técnicas de marketing innovador tanto no funcionamento diario dos comercios coma na fidelización e relación cos clientes. 
Aspectos a valorar polo xurado:
  • Emprego de plataformas de comercio online
  • Xestión administrativa do comercio mediante o uso da sinatura electrónica, factura electrónica…
  • Utilización das redes sociais como canle de comercialización e comunicación co seu público
  • Deseño interior e exterior do establecemento
  • Innovación dos produtos ou servizos ofertados
Comercio EmprendeValorarase o espírito emprendedor dentro do comercio local. 
Aspectos a valorar polo xurado:
  • Idade do promotor/a
  • Tipo de negocio posto en funcionamento
  • Capacidade de xeración de emprego
  • Diferenciación e iniciativas de éxito
Comercio VeteranoRecoñecerase o labor deses pequenos comercios familiares que desenvolven hai anos a súa actividade en Compostela, demostrando a súa capacidade de permanencia e adaptación aos novos tempos. 
Aspectos a valorar polo xurado:
  • Antigüidade e traxectoria
  • Explotación familiar do negocio sen producirse traspasos
Comercio ActivoTerase en conta aquelas iniciativas de asociacións ou grupos de comerciantes que destaquen por promover a dinamización do comercio local. 
Aspectos a valorar polo xurado:
  • Actuacións de apoio ao comercio levadas a cabo
  • Nº de comercios agrupados
  • Orixinalidade das iniciativas
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán presentarse aos “Premios ao Comercio Compostelán 2013” calquera dos establecementos comerciais polo miúdo de Compostela.