NON
Sábados do 24 de novembro ao 22 de decembro, de 9:00 a 14:00 horas
O obxectivo principal do curso é crear, integrar e desenvolver as oportunidades que ofrecen as Redes Sociais nas estratexias de relación, comunicación e venda con clientes actuais e potenciais.
DATOS DO CURSO:
- Datas: Sábados do 24 de Novembro ao 22 de Decembro
- Horario: De 09.00 a 14.00 horas
- Nº Horas: 20 horas
- Modalidade: Presencial
- Lugar de impartición: Asociación Área Empresarial do Tambre
Documentación requerida
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para empresariado e persoas en activo : copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras : rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes : acreditación de estar matriculado no curso 2012/2013 ou de ter obtido o título nos anos 2012 ou 2011.
- Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
- Para as empresas e persoas traballadoras en empresas asociadas á Asociación Area Empresarial do tambre, acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Dirixido
Empresariado, traballadores/as en activo e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre.
Requisitos
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.