NON
Curso de Photoshop. CS6: Nivel Iniciación. O curso celebrarase do 19 de novembro ao 19 de decembro.
Datas: Do 19 de Novembro ao 19 de Decembro
Horario: De 19.00 a 22.00 horas
Nº Horas: 60 horas
Modalidade: presencial
Lugar de impartición: Asociación Área Empresarial do Tambre
O obxectivo principal deste curso é:
- Aprender a manexar a ferramenta profesional máis empregada no retoque de fotografías e creación de gráficos. Desde a creación de imaxes, uso de capas e aplicación defiltros.
- Para empresariado e persoas en activo : copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras : rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes : acreditación de estar matriculado no curso 2012/2013 ou de ter obtido o título nos anos 2012 ou 2011.
- Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
- Para as empresas e persoas traballadoras en empresas asociadas á Asociación Area Empresarial do tambre, acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
A empresariado, traballadores/as en activo e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre.
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.