NON
Curso de Plataforma elevadora. O curso celebrarase os días 14 e 15 de decembro.
Información sobre o curso de Plataforma elevadora:
Datas: 14 e 15 de decembro
Horario: 14 de decembro de 16.00 a 20.00 horas, 15 de decembro de 10.00 a 14.00 horas
Nº Horas: 8 horas
Modalidade: presencial
Lugar de impartición: Asociación Área Empresarial do Tambre
Os obxectivos do curso son:
- Coñecer as principais características técnicas da plataforma elevadora, e ascondicións de seguridade que debe reunir o lugar de traballo para que, mediante unha actitude proactiva, o traballador este capacitado para detectar deficiencias de seguridade ou condicións inseguras.
- Coñecer os riscos aos que se pode estar exposto durante a utilización dunha plataforma elevadora.
- Coñecer as medidas de prevención e as proteccións mínimas requiridas para o control dos riscos.
- Coñecemento dos equipos de protección individual, a súa colocación e posterior uso.
- Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2012/2013 ou de ter obtido o título nos anos 2012 ou 2011.
- Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
- Para as empresas e persoas traballadoras en empresas asociadas á Asociación Area Empresarial do tambre, acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Empresariado, traballadores/as en activo e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre.
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.