• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Como aproveitar as oportunidades comerciais en Santiago?

24 de outubro, 20:00h
Hotel Araguaney  (Rúa Alfredo Brañas nº5)

O seminario ten como obxectivo analizar a realidade do comercio en Santiago de Compostela e definir accións que axuden a todo profesional do comercio a facer unha mellor xestión do seu negocio dentro da área de Santiago de Compostela. 

En Santiago hai oportunidades de negocio insatisfeitas, que son unha clara oportunidade de negocio que intentaremos compartir co obxectivo de definir accións para poder cubrilas e así capitalizalas no noso negocio e en Santiago Centro, pero á vez sobre o comercio en Santiago caen ameazas que poden converterse en oportunidade sempre e cando actuemos cunha boa xestión das mesmas, trataremos de clarificar estas ameazas e de definir aquelas accións que poderían convertelas nunha clara oportunidade de facer medrar o comercio en Santiago Centro.

Este seminario está dirixido a todos aqueles profesionais do comercio de Santiago de Compostela que teñan algún tipo de inquedanza en mellorar o seu negocio e conseguir acadar os obxectivos comerciais e profesionais que se teñen plantexado para a súa "empresa".

O seminario será impartido por Juan Carlos Vez Vázquez, profesor de Organización de empresas na Universidade da Coruña e de Dirección Comercial e Marketing na Escola de Negocios de Novacaixagalicia. Ten experiencia profesional en empresas como Ernst&Young, Grupo Sanesteban castro, Grupo Pescanova, Grupo Pescapuerta, Grupo Presas, Rodman Polyships, ou Conservas Antonio Alonso.

Juan Carlos Vez é Director Xeral de BLU:SENS dende 2011; especialista en Marketing no Punto de Venda, Atención ao Cliente e Xestión Comercial , conta entre os seus clientes con importates cadenas cadeas de tendas de diferentes sectores como Alimentación, Textil moda, Decoración, etc. E ten formado sobre o terreo a máis de 1.500 vendedores.

Dirixido

A comerciantes, persoas emprendedoras, traballadores/as en activo do tecido empresarial e estudantes universitarios ou de formación profesional de Santiago de Compostela