Piloto de implantación do sistema antifalsificación TAGTUM
Entre o 1 de agosto e o 31 de outubro de 2012
Edificio CERSIA Empresa
Alcalde Raimundo López Pol, s/n
[ver mapa]
Nº de prazas: 15
Data límite de inscrición: ata o 15 de xullo
O proxecto piloto ten coma obxectivo implantar na cidade un sistema global para a identificación de falsificacións. Baséase na tecnoloxía TAGTUM, desenvolvida pola empresa galega DNET e o Centro Tecnolóxico Gradiant, que permite verificar a través de Internet a orixinalidade dos productos en calquera parte do mundo, cun Smartphone NFC. Esta tecnoloxía tamén permite, en caso de extravío, localizar unha recuperación mais sinxela e segura.
Nunha primeira fase do proxecto, o Concello e DNET colaborarán na distribución gratuita de 5.000 chips TAGTUM entre fabricantes que comercializan os seus produtos na cidade e puntos de venda seleccionados, equipándoos cos lectores NFC de última xeración, convertindo así a Santiago na primeira cidade no mundo en desenvolver un proxecto global contra a falsificación.
Estímase que a falsificación move anualmente en España un volume de 50.000 millóns de euros. Os principais sectores afectados pola falsificación de produtos son: textil, marroquinaría, xoguetes, cosméticos, pequenos electrodomésticos, recambios...
A empresas fabricantes con punto de venda en Santiago de Compostela.
Inscrición web en prazo. O Concello de Santiago e a empresa DNET seleccionaran entre as empresas inscritas ás máis axeitadas para a realización deste piloto tendo en conta as características dos productos fabricados e os puntos de venda na cidade.