Curso "Selección e Liderado"
O mercado laboral estréitase cada vez máis. A situación económica demanda, a cada paso en maior medida, unha preparación especial para afrontar e superar con éxito os procesos de selección de persoal.
Con este módulo formativo pretendemos que os asistentes se familiaricen coas técnicas de selección de persoal, dende a entrevista "face to face" aos procedos "assesment center". A imaxe persoal, os filtros interrogativos, as dinámigas grupais... Todo un universo de linguaxes e estratexias que é preciso coñecer para acceder, progresar e manterse no mercado laboral con garantías.
Exemplo formativo
O símil pedagóxico de base no que nos centraremos para o desenvolvemento expositivo é o guión da película "Os Inmortais".
Programa (12 horas, 12 epígrafes)
- O decálogo de Gerardo. Unha base persoal.
- O kit do Inmortal. Unha mochila extraordinaria.
- Dez pautas para un demandante de emprego.
- Dez ensinos no camiño cara á empresa.
- As dez leis da mercadotecnia persoal.
- As dez preguntas esenciais de toda entrevista.
- Os dez principios de actitude do candidato.
- Dez regras de orientación. O compás selectivo.
- As dez variables prezo do candidato.
- As dez reglas de ouro da comunicación selectiva.
- As dez caras do talento.
- As dez dimensións dun líder inmortal.
Grupos, datas e horarios:
- GRUPO 1:
Datas e horario: 2, 3 e 4 de xullo, de 10:00 a 14:00
Nº de prazas: 15 prazas
Admisión de solicitudes: Ata o mércores 27 de xuño ás 14:00
- GRUPO 2:
Datas e horario: 5 e 6 de xullo, de 08:00 a 14:00
Nº de prazas: 15 prazas
Admisión de solicitudes: Ata o xoves 28 de xuño ás 14:00
- GRUPO 3:
Datas e horario: 9, 10 e 11 de xullo, de 10:00 a 14:00
Nº de prazas: 15 prazas
Admisión de solicitudes: Ata o martes 3 de xullo ás 14:00
Solicitar inscrición >>
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para persoas desempregadas: copia da tarxeta de demandande de emprego.
- Para persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2011/2012 ou de ter obtido o título nos anos 2011 ou 2010.
A persoas desempregadas, emprendedores/as, traballadores/as en activo do tecido empresarial e estudantes universitarios ou de formación profesional de Santiago de Compostela.
Persoas desempregadas, persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial, e estudantes universitarios ou de formación profesional de Santiago de Compostela.