Pílula formativa "A miña brúxula negociadora"
Pílula formativa dirixida a emprendedores, empresarios, directivos e xerentes de PEMEs e que ten por obxectivo coñecer as premisas básicas nunha negociación e as diferentes técnicas no mercado actual.
Para moitos directivos pensar na negociación soa como algo intimidante, no entanto todos somos negociadores experimentados. Cada vez que acadamos un acordo nalgunha cousa, estamos a negociar. Ás veces facémolo de xeito inconsciente, como decidir quen saúda primeiro, por exemplo, pero tamén implica unha negociación o decidir cun amigo onde imos xantar ou o que imos comprar.
Todas estas situacións teñen en común que involucran a persoas coas que temos que interactuar para levar a bo porto a negociación. En moitas ocasións "o problema básico nunha negociación non é o conflito entre as posicións, senón o conflito entre as necesidades, desexos e medos das partes" (Roger Fisher)
Data e horario: 22 de maio | 17.00-20.00
Programa:
- Como negocio?
- Premisas básicas para unha negociación efectiva
- Que agroma? Os meus puntos fortes e as miñas áreas de mellora negociando
- Técnicas de negociación: táctica e estratexia
- Dinámica de negociación efectiva, para poñer en práctica o aprendido
Relatora:
Susana Mosquera, colaboradora de Bevel Consultores. Licenciada en Psicoloxía, Experta en xestión de persoal, Master en Dirección comercial e marketing, e Master en Xestión e comunicación
Empresarios, emprendedores, directivos e xerentes de empresa.