• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Seminario de "Motivación Emprendedora"

O obxectivo deste seminario é difundir como se poñen en marcha as ideas as ideas empresariais e romper os mitos sobre a figura do emprendedor, amosando a través de experiencias persoais de emprendedores galegos, que calquera persoa con ganas e esforzo pode desenvolver un proxecto empresarial.

Data: 24 de maio do 2012
Horario: de 9.00 a 12.00
Prazo de inscrición: Ata o 18 de maio ás 14.00

Programa
O Seminario ten unha duración aproximada de 3 horas, estruturadas aproximadamente segundo o seguinte programa:
  • Presentación do Seminario e breve descrición de contidos (15 min.)
  • O Emprendedor (35 min.)
  • A Idea (40 min.)
  • Descanso (15 min.)
  • A Posta en Marcha (40 min.)
  • Intervención do emprendedor local, Miguel Gil, e coloquio (35 min.)
Metodoloxía e contido
O contido da Xornada segméntase basicamente en tres partes:
  1. A figura do emprendedor: exponse como pedra angular de calquera proxecto empresarial e analízase a relación entre o éxito da empresa e as características persoais do emprendedor. A través de casos reais de empresas implantadas en Galicia, abordaranse aspectos como as aptitudes desexables nun emprendedor, as habilidades, coñecementos e actitudes necesarias, os mitos que hai que superar, as principais barreiras que adoitan atopar e as diferentes motivacións que impulsan a emprender.

  2. A idea de negocio: analízase que concepto queremos vender e cal será o perfil do noso cliente potencial. Examínanse as distintas fontes de ideas e conclúese que a viabilidade dun proxecto depende en gran medida da calidade e madurez da idea inicial. Por último, abórdanse as diferentes fontes de información ás que o emprendedor deberá acceder para recompilar datos, procesalos e analizalos co fin de examinar os visos de viabilidade a partir do punto de vista comercial, económico-financeiro, e técnico-legal.

  3. A posta en marcha: analízase como levar a cabo a transformación da “idea” en “proxecto”, a necesidade de desenvolver un plano de empresa rigoroso e os recursos humanos e materiais que son necesarios para poñer en marcha o proxecto. Móstranse ademais unha serie de instrumentos e recursos que están dispoñibles para os emprendedores e que supoñen unha importante axuda para acadar o éxito nos seus proxectos de empresa.
Ao longo de todo o curso se expoñen casos reais de emprendedores que desenvolveron un proxecto empresarial en Galicia (extraídos do Banco de Proxectos Empresariais), no que se abordan aspectos como o historial do emprendedor, os recursos dos que dispoñía, a orixe da súa idea empresarial, as motivacións que lle levaron a desenvolver o seu proxecto, as dificultades que tivo que superar e as ameazas que se avistan no seu sector ou mercado, así como os factores aos que se pode atribuír o éxito da súa empresa.

Ademais, contarase coa colaboración de Miguel Gil, da pastelería Doce (www.doce-pasteleria.com ), emprendedor local que intervirá ao final do seminario, expoñendo a súa experiencia persoal e introducindo un coloquio aberto cos asistentes. 

Dirixido

Deseñouse unha metodoloxía adaptada a un amplo abano de destinatarios; dende persoas con inquedanzas emprendedoras ata desempregados, traballadores en activo, técnicos de emprego e promoción económica ou estudantes que, próximos á súa incorporación ao mundo laboral, deben coñecer opcións alternativas ao traballo por conta allea.